A Deputación de Lugo destina 1,6 millóns de euros para a mellora de servizos públicos no rural

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou, tras a xunta de goberno provincial deste venres, que se acordou destinar 1,6 millóns de euros para a mellora de servizos públicos no rural lucense.

Segundo explicou, perséguese con iso "impulsar o sector agrogandeiro e pór en valor o territorio da provincia". Así, detallou unha partida de "100.000 euros para a recuperación de terras abandonadas" na provincia luguesa, "co obxectivo de polas en produción".

Campos apuntou que se fará "a través de axudas en concorrencia competitiva, que se pon a disposición de gandeiros, agricultores, asociacións de produtores e veciños en xeral, que sexan titulares de explotacións".

A próxima semana ábrese o prazo para solicitar estas "axudas", dentro do Plan de Recuperación de Terras Abandonadas, de "500 euros por hectárea, establecendo un máximo de 9.000 euros por solicitante para beneficiar ao maior número de veciños".

"Este é a terceira edición do chamado Plan de Recuperación de Terras Abandonadas do que xa se beneficiaron 220 lucenses, pondo en produción máis de 1200 hectáreas", concretou. Tamén se deu luz verde na xunta de goberno a consignar "outros 200.000 euros na instalación de máis de 120 marquesiñas nos 67 concellos da provincia, ao longo da rede viaria provincial", destacou.

A Deputación de Lugo destina 1,6 millóns de euros para a mellora de servizos públicos no rural
A Deputación de Lugo destina 1,6 millóns de euros para a mellora de servizos públicos no rural | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta