A Cámara da Coruña reclama aos partidos unha "adecuada" planificación do chan industrial

Traslada aos partidos políticos propostas de "mellora" para a cidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/05/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio da Coruña trasladou aos partidos políticos propostas de "mellora" para a cidade, entre as que se inclúen demandas como unha "adecuada" planificación do chan industrial. Estas propostas son o resultado das peticións expostas a través das comisións de urbanismo e medio ambiente; construción e infraestruturas; industria e promoción; navegación, pesca e portos; turismo e hostalaría; transporte e seguridade cidadá e comercio interior.

Entre outras cuestións, os empresarios avogan polo apoio e implantación de proxectos industriais, especialmente os que teñen que ver coa industria 4.0; ademais de pedir unha "adecuada planificación de chan industrial" e o "apoio decidido" para a posta en marcha da Oficina de Promoción Industrial da Coruña e a súa área de influencia promovida pola Cámara.

CONSENSO

Así mesmo, piden apoio á cidade do TIC e a promoción da cidade como centro sanitario do noroeste. Tamén expoñen a desafectación de parte dos terreos do porto interior e reclaman un consenso sobre "o porto do futuro".

Entre as súas demandas, está tamén unha estratexia que axude a consolidar A Coruña como líder metropolitano. Ademais, esixen que o futuro goberno municipal esixa á Administración central "un maior compromiso" con infraestruturas como o acceso ferroviarioal porto exterior, melloras no aeroporto de Alvedro ou a ampliación de Alfonso Molina.

Cámara de Comercio de Vigo
Cámara de Comercio de Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta