Cosendo para Zara: 178 euros por 65 horas á semana

A campaña "Roupa Limpa", coordinada en Galicia por Amarante Setem, presenta hoxe a investigación "A moda española en Tánxer: traballo e supervivencia das obreiras da confección". Inditex, o grupo baseado en Arteixo, é unha das empresas máis avaliadas no documento, que detalla as "condicións de vida e traballo precarias" das traballadoras. Nalgúns casos, os talleres empregan menores que esconden en bolsas cando chegan os inspectores.

Por Galicia Confidencial | | 12/01/2012 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O informe descobre "as duras condicións das obreiras de confección marroquís: exceso de horas de traballo, baixos salarios, abusos verbais e físicos, arbitrariedade na contratación e o despedimento, medidas disciplinarias desproporcionadas e obstáculos á acción sindical".

None

Inditex

En Marrocos, hai unha forte presenza de talleres provedores de Inditex; en concreto das marcas Zara, Bershka, Pull&Bear, Stradivarius, Oysho e Massimo Dutti. A maiorí­a das obreiras entrevistadas que traballan confeccionando a roupa destas marcas manifestan que "non se respecta o lí­mite de horas, chegando ata 65 horas semanais". Aí­nda que en xeral o salario chega ao Salario Mí­nimo Interprofesional Garantido (SMIG) de Marrocos, apenas 178,72 euros mensuais, seguen vivindo en situación de pobreza.

No conxunto do sector, as horas extras son obrigatorias e non se adoitan remunerar. Prolongan a xornada ata as 12 horas diarias, seis dí­as á semana por salarios que non superan os 200 euros mensuais, e que, en ocasións, están por baixo dos 100 euros ao mes.

Outras marcas

Moitos dos talleres provedores de Inditex traballan tamén para Mango. Amarante denuncia que a obreiras das fábricas provedoras de Mango tamén revelan que nos seus centros de traballo non se respecta o lí­mite de horas, realizando ata 65 horas semanais. Tamén se recolleron testemuños de traballadoras de talleres provedores de Mayoral, El Corte Inglés e Dolce&Gabanna con condicións laborais parecidas.

None

A deslocalización da confección en paí­ses como Marrocos permitiu ampliar os beneficios das grandes marcas téxtiles. En Galicia a penas quedan talleres de confección, que foron claves no despegue de marcas como Zara.

Segundo o autor do informe, Albert Sales, estas empresas teñen na súa man a capacidade, tanto de xerar situacións de explotación laboral, como de evitalas. Moitas asumiron códigos de conduta e compromisos, pero a pesar destas "medidas de Responsabilidade Social Empresarial", moitas traballadoras seguen vivindo situacións de pobreza á vez que cumpren cunha xornada laboral extremadamente longa.

Trucos para zafar das auditorías das empresas compradoras

Os códigos de conduta laborais adoptados polas empresas de moda, recollen a obrigatoriedade de pasar auditorí­as nos talleres. Pero as metodoloxí­as de auditorí­a son moi diversas e en moitas ocasións non se chegan a identificar os problemas laborais reais. A ONG explica que isto pasa porque cando hai auditoría, as fábricas realizan cambios temporais como dar de alta a traballadoras na seguridade social, incrementar a salubridade no espazo de traballo, cumprir os horarios laborais, despedir ás traballadoras sen contrato e ocultar ás traballadoras menores.

Unha traballadora dunha fábrica provedora dunha gran empresa téxtil aseguraba que "cando aparecen auditores por sorpresa, os supervisores esconden ás traballadoras menores na azotea ou en caixas de roupa baleiras".

Esta investigación realizouse con 118 obreiras, coa colaboración da Asociación Attawassol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

10 xan soares

Pois eu estaría encantado en que Zara trouxera para Galicia os seus 60.000 postos de traballo directos que ten polo mundo e polo menos facíamos algo en vez de estar parados.

1 Antón

Queria decir das protestas da encargada da tenda. Sego a fábula de Castelao de o burro que lle decia o raposo: "domesticate ho, domesticate que non hai vida mais asegurada" - " Eu non nacin pra ser can" - repostoulle o raposo.

2 xan soares

antón, non creo que se poida culpar a Inditex do comportamento dese individuo. A triste realidade é que as corporacións están aí, qué facemos?

3 Antón

Xan, ese individuo marcou as políticas laborais da empresa perante moito tempo, asi como Castellano as políticas financieiras, e Ortega a de moda, liña e investimentos. Políticas laborais que utilizaban métodos prohibidos, como comparar a productividade entre compañeiros o que facia que virás no teu compañeiro un rival a eliminar. Psicolóxia que quedaba prendada no subconscente, e chegarás a casa e virás o enemigo na tua familia, que virás na tua dona un potencial perigo que ia quedarse cos teus bens. Saúdos e saúde.

4 Galicia Confidencial

Pegamos un comentario que acaba de ser eliminado sen a acusación contra unha persoa. Por favor, pódese criticar perfectamente as políticas dunha empresa sen caer en aseveracións que, no caso de non seren probadas, poden ser susceptíbeis dunha querela. Moitas gracias polas contribucións en todo caso. "Por Antón: Unha vez fun testetemuña, estando en Badaxoz de como o sobriño de Amancio, J.C. Cebrian que hoxe non está no holding, despedia unha empregada dunha tenda de Zara alegando que non tiña presencia fisica pra traballar na empresa, de ren valeu a protesta da empregada decindo que era unha das millores dependentas. Non me podo esquecer nunca désa imaxe, fixome rachar a relación que tiña con empresa e tiranos de mais de 20 anos. Cecais esa muller mantiña os seus paíos, tiña unha vida planificada e de supeto rachada por unhos kilos de mais e o nepotismo dun tirana xxxxxxx".

9 Xaime

Está claro que o modelo Zara suscita un debate moi vivo na sociedade galega, isto é bó porque axuda a cuestionarse o que somos, o que facemos e como o facemos. E o fenómeno Zara explica moitas cousas sobre o que pasou en Galicia nos últimos 35 anos e sobre o que acabamos sendo como sociedade. Recomendo ver unha obra de teatro que se acaba de facer sobre o tema: Citizen, do grupo Chévere, creo que está en xira por Galicia.

8 solpor

pois Amarante que se dea unha voltiña por Arteixo, porque as vivendas de Arteixo agochan miles de mulleres que traballan por un can sen contrato, sen horarios... seino porque convivo con iso, mesmo hai anos a precariedade levoume a pedir este traballo... unha porcallada que deixei ó pouco. Nos talleres tampouco hai moitas "alegrías" que digamos pero polo menos, non é como noutros países.

7 Tangerine

Gracias por publicar esto, ojalá mas medios se atrevieran, os ayudo con un sms

6 Rubén

Otro amigo del insulto facil…Si Zara ya no produce tanto aquí es porque le es mas rentable hacerlo en otra zona (Rentabilidad, concepto anatema para la gente que profesa odio al capitalismo)… Pregúntale a esas mujeres si preferian un trabajo mal remunerado o estar ahora en el paro y sin ningun recurso, al menos antes tenian una opcion, aunque mala…y en esa otra zona los salarios seran bajos si, pues esa es la unica baza que pueden esgrimir para atraer inversiones, que ayuden a generar riqueza, que NO surgiria de otra forma, posteriormente los salarios creceran progresivamente y florecera una clase media; Ejemplos: China e India antes y después de abrir sus fronteras a empresas extranjeras para que instalasen talleres

1 Cholas

Ha ha ha outro iluminati, onde ves ti clase media? ti si que eres un insulto en ti mesmo

2 Cholas

Ha ha ha outro iluminati, onde ves ti clase media? ti si que eres un insulto en ti mesmo

3 Rubén

Al tercer amigo del insulto: Busca la evolución del paro porcentaje de cobertura médica y de alfabetización en China e India en los últimos 20 años… No hay peor ciego…

4 Cholas

Qué terá que ver China con India? India é un país en desaceleración, onde moita xente morre de fame e hai unha revolución que fai que case a metade do seu territorio esté en mans da guerrilla nexalita, eso non cho dicen no tele lixo. A realidade China non ten ren que ver con Hong Kong, Shangai ou Beijing que representan tanto a realidade chinesa como Marbella a Andaluza. No resto do país a maioria das terras son mancomunadas, todalas empresas estratexicas a enerxia, as terras están en mans estatais.

5 Rubén

Y no es la desaceleración la regla común mundial a día de hoy? Te refieres a esa guerrilla maoista al estilo Sendero Luminoso? Patético que aun haya gente que crea en lo que dijo ese tipo… HongKong y similares son islas en un mar de economía subdesarrollada…Si les quitas la fabrica de balones a los aldeanos de cualquier pueblucho de Sicuani ¿Que les queda? ¿Plantar arroz como llevan haciendo 5000 años?

6 Cholas

O teu é de encefalograma plano, unha perda de tempo debatir contigo. A que lle chamas desacelación? a resgularizsción bancaria froito do afastamento do patrón ouro e a especulación na concesión de cretos sen porcentaxe de capitalización en reserva? nas plúsvalias das rendas do capital? ou na falla de valoración sistémica polo desfase de ambolos dous factores de excedentes da producción.

7 Rubén

Primero decirte que no se por que usas terminos tan rimbombantes para lo que se puede denominar simplemente como :toma del dólar como garantia de riqueza, hipotecas basura o restricción de impuestos…? Segundo: ¿Qué tendrá que ver el neocapitalismo ultraespeculativo que surgió (efectivamente, desde que Nixon abandono el patron oro) con lo que yo sostengo: Hoy por hoy usar como baza los bajos salarios para atraer capital y empresas extranjeros es la opción más viable para que estos países atrasados abandonen la pobreza

8 As Codias

...si foras traballar Rubenciño, para inditex a ser posible