O alcalde da Coruña insta aos responsables do porto a dar explicacións das supostas irregularidades contables

Xulio Ferreiro cualifica de "preocupante" esta situación.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/05/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, instou aos responsables do organismo portuario a dar explicacións sobre a súa xestión, despois da apertura dun procedemento por parte do Tribunal de Contas sobre "presuntas irregularidades contables" en materia de contratación nas obras do porto exterior.

Porto da Coruña
Porto da Coruña

Na súa visita ao mercado da praza de Lugo como parte da campaña electoral, na súa condición de candidato de Marea Atlántica, cualificou de "preocupante" esta situación.

Por iso, instou a dar "explicacións aos que estiveron a xestionar esa forma de facer infraestrucutras". "Primeiro hipotecan a cidade", dixo sobre o convenio sobre os peiraos para a execución do porto de Langosteira, "e logo o diñeiro gástase", engadiu

Ferreiro dixo que isto é "preocupante". No entanto, remarcou que "máis preocupados deberían estar os xestores durante eses anos dos contratos".

Por outra banda, trasladou o seu desexo de que o porto exterior deixe de dar "malas noticias" para dalas "boas", engadiu volvendo reclamar ao Goberno a conexión ferroviaria en Langosteira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta