O BNG augura que será "a sorpresa" das municipais en Santiago

Pontón arroupa a Goretti Sanmartín nun mitin na capital galega, onde apelan a trasladar a Santiago "o modelo BNG".

Por E.P. | Compostela | 16/05/2019 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) augura que se converterá en "a sorpresa" das próximas eleccións municipais en Santiago de Compostela despois dun último mandato, coa Compostela Aberta de Martiño Noriega á fronte, marcado "pola decepción" e a "parálise".

Nun mitin celebrado no Centro Sociocultural de San Marta da capital galega ante 300 persoas, a líder frontista, Ana Pontón, arroupou á candidata á alcaldía santiaguesa, Goretti Sanmartín, e avisou que o Bloque non actuará como "muleta" de ningún partido na corporación santiaguesa, cidade á que queren trasladar "o modelo BNG" que se converteu en "referencia internacional".

"Non é momento de resignarse con fórmulas do pasado nin conformarse con aqueles que só trouxeron decepción", aseverou a portavoz nacional do Bloque, que deu paso ao número un da formación frontista en Santiago, quen incidiu en que o "camiño" que pasa polas municipais e europeas do 26 de maio "culmina" nas eleccións autonómicas nas que Pontón "será alternativa" ao popular Alberto Núñez Feijóo.

Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG
Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta