Compostela Aberta quere declarar como espazo local de conservación O Souto e ampliar as sendas do Sar

Compostela Aberta presentou este venres, última xornada da campaña electoral, unha batería de iniciativas relacionadas coas 'políticas verdes' da cidade, entre as que inclúen a declaración como espazo local de conservación a zona de O Souto e proseguir na ampliación das sendas do río Sar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Compostela Aberta presentou este venres, última xornada da campaña electoral, unha batería de iniciativas relacionadas coas 'políticas verdes' da cidade, entre as que inclúen a declaración como espazo local de conservación a zona de O Souto e proseguir na ampliación das sendas do río Sar.

Acompañado polo edil e número sete da lista de CA, Xan Duro; o alcalde santiagués e aspirante á reelección, Martiño Noriega, fixo balance dos últimos catro anos nas actuacións desenvolvidas sobre os espazos verdes da capital de Galicia. Así, destacou a recuperación das marxes do río Sar "desde o Multiusos á área do Banquete de Conxo", así como a apertura "de máis de 200 hortas urbanas", o que sitúa a Santiago como "un referente" a nivel galego "en relación ao número de leiras por veciño".

Como proposta para o próximos catro anos, a marea compostelá quere "consolidar o traballo e seguir o carreiro" do último mandato, cunha aposta por "terminar" a senda do río Sar "levándoa ata o seu nacemento" en Bando e continuándoa no seu extremo sur ata A Rocha.

ZONA DE O SOUTO

Ademais, expoñen a posibilidade de declarar como espazo local de conservación a zona de O Souto, localización elixida polo goberno municipal do Partido Popular para a construción da depuradora, un proxecto que quedou descartado hai un ano e medio. "Sería irresponsable non protexer este espazo de proxectos construtivos ou infraestruturas", indicou Xan Duro, que destacou que Ou Souto conta cunha "gran concentración de carballeiras, 'brañas', patrimonio histórico, tres especies animais protexidas e árbores 'senlleiras' do catálogo da Xunta".

Esta actuación encádrase nun obxectivo máis amplo co que Compostela Aberta propón elaborar un inventario de espazos naturais na cidade, "previo paso" á creación dun plan de conservación destas zonas.

Outras das propostas da marea santiaguesa é habilitar un miradoiro en Monte Viso, recuperar o cemiterio 'carlista' da igrexa da Pastoriza para a súa conversión nun espazo verde ou "pór en valor" as leiras cedidas ao concello polo Banco de Terras de Galicia coa substitutción de especies foráneas como o eucalipto por árbores autóctonas.

26M.- Compostela Aberta presenta medidas verdes. COMPOSTELA ABERTA
26M.- Compostela Aberta presenta medidas verdes. COMPOSTELA ABERTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta