En que ano estamos?

Francisco Rodriguez e Xose Manuel Beiras volven estes días á primeira liña politica, un porque quere facer da súa hipotetica retirada ou "paso atrás" unha noticia de relevancia politica e o outro por sentirse aludido por ese feito como un "recado" á súa persona por encabezar unha das listas para a Asamblea Nacional do BNG. Teño que confesar que calquera dos dous me merecen un grande respeto pola súa importante aportación ao nacionalismo das últimas catro décadas, independentemente das dispares personalidades de ambos.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 27/01/2012

Comparte esta noticia
En calquera caso, teño a sensación de ter entrado nos últimos días nunha especie de túnel do tempo e que me trasladei varias décadas atrás. O problema de esta situación non é que ambalas dúas figuras incuestionabeis da politica galega en xeral e do nacionalismo en particular estexan caducas, o verdadeiro problema é que dentro do ámbito do BNG, as dúas siguen a ser as máis destacadas, o que pon en evidencia varios problemas dentro do nacionalismo galego.
 
En primeiro lugar, é preocupante que ningún figuras actuais do BNG teña máis importancia que Beiras ou Rodríguez cando estes deciden pasar a un primeiro plano.
 
En segundo lugar, e despois de trinta anos de existencia do BNG, o debate pivote arredor dos mesmos que o criaron, o que denota diante da sociedade que esta organización pouco ten evolucionado no plano politico e mesmo nos seus verdadeiros referentes públicos, poñendo ás claras unha debilidade que xa se viña constatando nos resultados electorais.
 
O aparato do BNG, controlado pola UPG amosa esgotamento pola falta de capacidade para manter unha armonía interna e a alternativa a estes amosan debilidade ao articular propostas co único obxectivo de quitar a quen hai, pero coa dúbida de si o seu entendimento será serio dabondo para xestionar o futuro sen fisuras.
 
outros partidos, teñense renovado con éxito, aínda que non sen problemas, pero o nacionalismo galego, referencial no pasado en ideas, renovación, representatividade, democracia interna, e outros valores que lle deron respeto, apoio social e éxito electoral, parece ter caído nun letargo perigoso.
 
O BNG, é hoxe en Galicia, a forza máis conservadora de facto, non no ideolóxico, e pase o que pase na Asamblea Nacional, moito deben cambiar as cousas para que os galegos volvan a confiar na forza destinada a defendelos.
 
A mensaxe que se está a trasladar á sociedade galega é de división interna con risco de quebra, que non hai referentes novos fiables, que hai unha volta ao pasado e que se sigue sin falar dos verdadeiros problemas que afectan aos cidadáns, con debates máis de poder interno e endogámicos que de verdadeiras propostas para os galegos e galegas que están a padecer a crise.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog