2-0, gaña a APU

A APU impúxose nas distintas votacións na Asemblea Nacional do BNG sobre a candidatura que impulsan Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Só acudiron a votar pouco máis de 1.700 militantes dos case 5.400 que estaban inscritos. Irmandiños e Máis Galiza agardan mobilizar o voto o domingo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O primeira gran victoria da asemblea nacionalista foi para a Alternativa paa Unidade (APU) que conseguiu aprobar o informe de xestión da Executiva co apoio do Movimento Galego ao Socialismo (MGS). EI e Máis Galiza votaron en contra. Nesta primeira gran votación, que tivo lugar na mañán do sábado, votaron case 1.700 militanes; 1.119 votos, a favor, 493 en contra e 62 abstencións.

None

A APU conseguiu o respaldo do 66,85 por cento dos militantes presentes e 29,4 por cento, en contra. As abstencións, segundo as fontes consultadas, poderían ser dalgún independente e de militantes dos MGS. Con todo, estes datos eran xa agardados polos irmandiños e Máis Galiza que confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta.

 

A segunda derrota para estas dúas correntes chegou pola tarde, cando se votou a súa enmenda á totalidade nas cinco comisións creadas. Aínda que as diferenzas reducíronse con respecto a primeira votación, o certo é que a súa proposta foi rexeitada por case 900 votos en contra, fronte a 600 a favor.

 

Mobilización

None

 

A pesar de ser un número alto de participantes, o certo é que este sábado no se chegou nin á metade dos 5.400 militantes que estaban inscritos. Por iso, os irmandiños e Máis Galiza confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta. 

Con todo, tamén desde a APU están convencidos de que este sábado faltaron moitos dos seus posibles apoios. Así que haberá que agardar a mañá para saber o desenlace da asemblea nacionalista. 

 

Durante o debate do informe de xestión quedou reflectida a gran diferenza ideolóxica e política que enfronta á UPG -- o partido maioritario do BNG e sobre o que pivota a candidatura da APU-- e Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Asi, mentres os primeiros criticaron que se teñna “mediatizado” os debates internos da formación, os segundos insistiron na necesidade de abrir “ideolóxicamente” o BNG e, sobre todo, pular polo respecto mútuo entre correntes.

 

Intervencións

 

As intervencións da maior parte dos dirixentes da UPG concentráronse, principalmente, en pedir que os debates do BNG “queden dentro do BNG” e non se “externalicen” nin se “mediaticen”.

 

Neste sentido pronunciáronse o deputado Alfredo Suárez Canal; o alcalde de Allariz, Francisco García; a vicesecretaria da Mesa da Cámara, Carmen Adán e a tamén deputada Ana Belén Pontón.

 

Pola súa banda, os dirixentes de Máis Galiza e Encontro Irmandiño destacaron a necesidade de chegar a “entendementos” internos. Un discurso que mantiveron Mario López Rico, Xesús Veiga, Xoán Carlos Báscuas ou Alba Nogueira.

 

A pesar de que acabou apoiando o informe de xestión, os MGS, que tamén presentou unha lista á asemblea, mostrouse crítico co documento e co proxecto político nacionalista. Neste sentido, Paula Castro, apotou por continuar coa “resistencia e a pancarta” e o líder dos MGS, Rafa Villar, aínda que discrepante co texto, chamou a dar un respaldo “crítico” ao mesmo.

 

O “nacionalismo” de Pontevedra

 

Un dos máis “belixerantes” foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que, aínda que sen citalos, criticou duramente a xestión dos alcaldes de Máis Galiza e EI que presentaron xa dous manifestos nos que reclaman unha apertura do BNG á sociedade.

 

 “Nós presentamos ao BNG a peito aberto, sen ocultar o noso nacionalismo, no berce dos populares”, dixo en alusión á cidade de onde é “Rajoy, Rueda, Louzan ou Ana Pastor”. “E fixémolo sen disfrazarnos, con posturas claras, dicindo que somos nacionalistas e non galeguistas”, indicou.

 

Unhas verbas que non sentaron ben a moitos dos seus colegas rexedores pero que preferiron non contestarlle. Martiño Noriega, alcalde de Teo, destacou a necesidade de “respectarse mutuamente” para construír un novo BNG e o de Monforte, Severino Rodríguez, quixo render no inicio da súa intervención unha homenaxe aos históricos dirixentes desta formación como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Bautista Álvarez, entre

outros.

 

Os que non falaron

 

Neste primeiro gran debate non houbo intervencións por parte dos grandes líderes e dirixentes históricos. Así, nin Carlos Aymerich, nin Xosé Manuel Beiras, nin Camilo Nogueira falaron por parte da candidatura EI-Máis Galiza. 

 

Tampouco falou Francisco Jorquera, da APU e Guillerme Vázquez limitouse a presentar o informe de xestión. Pola súa banda, Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG, tomou a palabra para apoiar este texto e para chamar a defender a “nación galega”.

Estas son as imaxes que facilita a fronte da inauguración esta mañá no mercado de gando de Amio, en Santiago:

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 76 comentarios

18 David

Qué esperabais pardillos. La U solo convoca congresos para ganarlos.

1 ADRC

Eu xa deixei de ser pardillo hai moitos anos cando me fun sen billete de volta porque non teño pensado voltar nin votar nunca máis. Hai que fundar un partido galeguista serio.

2 Rayleigh

Pois a que esperas ADCR? En vez de sumar para restarlle poder a UPG, colles e te vas. E logo protestades polo resultado? Quen vos entenda que vos compre. Pobre do que vos faga caso.

17 Edita

Upegueiros e xente da APU atopádeme a un so votante do BNG non militante que apoie á UPG e falamos.

1 Eu...

Eu

2 ecoponte

Eu como votante do BNG apoio que gañe quen gañe, gañe o BNG. Democracia, pluralidade, patriotismo, progresismo e resppeto das minorías pero tamén respeto das maiorías. Parabens ao BNG pola lección de democracia que está dando a todo o estado español. http://ecodepontecaldelas.wordpress...

3 ADRC

Tes toda a razón, porque o BNG só é a máscara da UPG para non ter que presentarse ás eleccións como o que é: un partido comunista marxinal que non obtería representación parlamentar.

4 Un que xa ven de volta

De acordo EDITA, logo está claro que os nacionalistas galeguistas non teñen que estar preocupados polo resultado. SE gaña a UPG, gaña a disciplina lenilista ou troskista, da igual. Os demáis xa saben que facer: un patido nacionalista aberto e flexible que respecta a todos ainda sen comungar, exactamente, co seu credo.Ves isto imposible? Non cres que pode ser unha óptima oportunidade? Pensao e logo dinos algo.

16 Norman

Porque algúns no BNG cantan o Hino co puño ergueito? Que canten a internacional co puño levantado, enténdoo. Pero o Hino Nacional? A xente normal que ve esas imaxes flipa, e colle medo. Así nunca o BNG chegará a superar ese exíguo 15%. Seica era Breogán comunista ou? Galiza xa hai tempo que non ten futuro.

1 Galego normal

Non o saben nin eles. O normal é cantalo de pe coas mans cruzadas ou, se acaso, coa man no corazón. O de cantar o himno nacional co puño ergueito apenas o fan os de ERC.

2 Un de Foz

Co puño dereito, co esquerdo, man no corazón... O caso é cantalo, cousa que nunca verás nunha asemblea do PP, PSOE ou IU. Xa sei que non está de moda, pero entón que queredes que cantemos, "Yo soy español" ou "A por ellos... Oé!!!"?

3 Que cousas

Como Beiras, que o cantou co puño ergueito.

4 O muiñeiro da Serra

Hai varias contradiccións no BNG actual. A primeira é a falta de respecto por un grupo cnsiderable de galegusitas-nacionalistas que entyraron no BNG e que non entenden iso de erguer o puño, porque non son comunistas ainda que respecten e acepten moitas das ideas sociais que o comunismo poida expresar. O segundo, e con relación ao primeiro, é que non se consideren galeguistas e estean a entronizar a Castelao e Bóveda como se foran os seus referentes de sempre. Unha de dúas, ou eres cominista e segues cos teus ou entendes que sós non chegades a nada e aceptas os outros, logo respecta a súas crenzas e opinións diversas sobre os beneficios oun persuizos de declarrse hoxe comunista.

5 O muiñeiro da Serra

Lembro cando nos anos setenta a AN-PG tiña conversaa cos mestres para preparar unha folga falaba que os galeguistas eramos de dereitas, conservadores e que connosco non ian facer nada. ¡¡Craso erro!! Egora para eles Casdtelao e Bóveda son dous rferntes a ter moi en conta. En que quedamos sodes ou non sodoes galeguistas? E que un galeguista non pode ser comunista? Tal algo que ver o concepto de España como nacion de nacións onde estamos os galegos cos idea social que representa o ser comunista? No BNG teñen moito que clarexar se queren que unha maioria de galegos lle dea o seu apoio; caso contrario seran a conciencia critica do Pais pero reducidos a un clube de opinión.

6 ADRC

Cantan o himno nacional co puño ergueito porque son comunistas disfrazados de galeguistas.

7 O equitativo

Moito falar, e sondes máis burros que dios. o puño simboliza a unión dos cinco continentes cando se canta a internacional, na cal non todos eran comunistas, de feito o psoe español aínda forma parte dela.non fai falla ser comunista para sabelo.E cando un canta o noso himno nacional nun acto do BNG, ben podería estar pensando na unión fraternal das correntes, que por certo, tamén son cinco, a APU, +Galiza, O EI, o MGS, e os independentes. Deixade de dicir bobadas, e exercer a democracia votando mañá, e non intoxicando o nacionalismo con literatura barata.

8 O muiñeiro da Serra

Non che vou discutir a orixe de erguer o puño en alto nun acto político porque, seguramente é certo o que dis, sen embargo non me negarás que no eido político non só vale o ser honesto senón tamén parecelo. Neste senso serán moi poucas persoas as que non asocien o puño en alto coas ideas comunistas. Tendo isto en conta ven se podia erguer o brazo para coller a man do veciño en sinal de fraternidade, Non cres. Así todos tan contentos evitando un sinal de separación. Diso se trata, de xunguir, non rexeitar.

9 anti esbardalleiros

Mirade cosmopailans, antes que os comunistas cantaramos o himno co puño ergueito e defenderamos os dereitos do pobo galego, aqui ninguén o cantaba salvo catro vellos galeguistas. Así que a rañala coas vosas trolas

10 joseramon

O puño pechado i a estrela vermella son simbolos dos COMUNISTAS i esas cousas son as que separan o B N G da maioria que sendo GALEGUISTAS i mesmo NACIONALISTAS non son COMUNISTAS Mirade a auga y o aceite non fan mixtura si gaña a UPG se queda co a marca i mais o patrimonio que de todos os militantes ¡SERA ESTA A CUESTION PARA NON RACHAR TODO E DEISALOS SOLOS?Por certo alguen ollou o comunista mais mediatico co puño pechado SI O "CHE"

11 Artus

Pois nada zampabolos, pon unha imaxe de coca-cola cunha rapariga en coiros para que se che achegue a xente.

15 Antón

Creo que se fai necesario renovar os cadros dirixentes dos partidos cada cero tempo, tamén creo que faise necesario sumar en vez de restar,, non pode haber armonia nunha sociedade onde se crean tantas desigualdades e desequilibrios, e ademais todas as re eitas neoliberais que se están a aplicar afondan mais nestos problemas, por eso faise unha necesidad que sumemos en troques de dividirnos.

14 O Elixido

Estes listiños de EI e +G serán os que mañá cando perdan a votación na asembleia irán correndo a dicer que cumpre criar outra alternativa (cos amigos de Padín, Rafa Cuíña, etc.)-liderada por Beiras, por suposto! Vaia oportunistas de Todo a 100!