Manuel Rivas tamén lembra en Allariz “A Lingua das bolboretas”

O escritor galego participou nas xornadas que se están a facer en Allariz para rememorar a película de José Luis Cuerda, rodada hai 20 anos.

Por X.M. Fernández | Allariz | 30/05/2019 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O día comezaba cun roteiro teatral, guiado pola asociación Cultural Alonso de Paredes, no que participaron  estudantes dos institutos de Allariz,Cidade de Antioquía , IES Carlos Casares,  IES Blanco Amor, IES Ferro Couselo, Universidade Laboral, IES de Bande e IES Celanova, que representaron reflexións sobre temas da película.

Manuel Rivas no xardín 'As bolboretas da memoria'. Foto: Concello de Allariz
Manuel Rivas no xardín 'As bolboretas da memoria'. Foto: Concello de Allariz

Esta actividade, organizada polo IES de Allariz, formou parte do encontro entre centros no que participan alumnados e alumnas con dotes e talentos artísticos, ben na plástica, literatura, teatro, música ou calquera outra disciplina.

Manuel Rivas, autor do libro Que me queres amor?, obra que inspirou a película, tamén participou no encontro chegando por sorpresa ao auditorio da Casa da Cultura. Os alumnos non contaban coa súa presenza e quedaron abraiados.

Xa pola tarde, Rivas, acompañado polo profesorado, representantes do Concello de Allariz e César Lorenzo, da editorial Aira das Letras, visitou Xunqueira de Ambía, outra das localizacións da película e achegouse ata o xardín “As bolboretas da memoria” deseñado polo alumnado de Allariz. Para completar a xornada, e aproveitando a súa visita á vila do Arnoia, participou nun encontro no espazo do Ben Común para falar do seu último libro e da súa traxectoria literaria en xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta