Baixón do sector da construción en Galicia

A construción de edificios en Galicia diminúe un 24% en febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2019 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Febreiro rexistrou unha diminución dos edificios a construír en Galicia, cunha previsión de 98 fronte aos 129 do mesmo mes de 2018 (-24%), segundo os datos que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Ademais, sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 116 obras de rehabilitación, 10 máis que hai un ano, e 18 para obras de demolición de edificios, catro menos que no mes de febreiro de 2018.

Estas licenzas permitirán constituír 73 vivendas en nova planta (35 menos que no mesmo mes do ano pasado), mentres que o número de vivendas creadas en rehabilitación será de 20, dúas menos que hai un ano, e as vivendas a demoler alcanzarán as 20, 11 por baixo que doce meses antes.

Operarios traballando nunha obra
Operarios traballando nunha obra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta