Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012 | Actualizada ás 11:08
Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento. Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.
Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.
O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.
As mocidades, tamén a favor
Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.