Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 403 comentarios

97 Cabreado

Pa democracia a de Beiras o que ía votar e logo votei en branco, mandándolle calar a unha compañeira que lle dicía que o seu tempo rematara e que el falaba o tempo que lle petaba

1 Harpazul

Lástima que non quedases á intervención posterior de Jorquera, porque fixo exactamente o mesmo. De todos modos o que sí foi sorprendente é que se deixase falar de cara á 2º volta oa de MGS unha vez que quedara eliminado e non podía concorrer á elección. E tivo o mesmo tempo (2 min) que aquees que si pasaran. Seguro que non foi premeditado (como todo o que sucede dentro do BNG), pero o feito de que insultase a Beiras e pedise o voto para o "ronco" fai sospeitar, verdade? Do que se trataba é de que os tempos de intervención fosen curtos, porque senon Beiras igual deixaba a algúns en evidencia...Tranquilos, que agora des falar vós sós todo o tempo...

2 Lois

Totalmente dacordo contigo Harpazul, con esta xente non imos a ningures. Eu polo menos dinme de baixa do BNG e estou desexando poder volverme a comprometer cunha forza que traballe polo pais, non sectaria e no que os intereses personais se deixen na casa. Agora xa teñen todo o tempo do mundo, ¡que falen eles sós!, se é que aínda hai quen os escoita

3 merlin

Harpazul, estou ilusionado co proxecto. Eu o teño moi claro: marxistas por unha banda e non marxistas por outra. E en pouco tempo a forza maioritaria do nacionalismo.

4 Harpazul

Non sei se seremos maioritarios, pero polo menos temos que tentar recuperar para o nacionalismo a todas esas persoas que están desencantadas co BNG actual ou que reclaman unnha forza nacionalista aberta á sociedade na que confiar. E que conste que a maior ledicia sería ver como aos dous nos vai ben, porque do que estou seguro é que as duas partes que a dia de hoxe (ainda) estamos no BNG traballamos polo mellor para o noso pais. Ou é que alguen notou diferencia entre os conselleiros das UPG e os de +G na etapa do bipartito? Foi un orgullo ver o seu traballo, e senón comparádeo co governo actual.

5 merlo

Pois claro que houbo diferencia!!. Algún está no xuzgado.(que vaia por diante a presunción de inocencia), outros non.

6 Harpazul

Niso tes toda a razón, Merlo. Pero é un arguento que non me gustaría empregar ata que o xulgado decida.

7 umha

A ver simpático, quem insultou a Beiras? Dizer que "a recente actuación pública de deslexitimación do BNG por parte do compañeiro Xosé Manuel Beiras non está á altura do seu contributo histórico", que é o que se dixo na assembleia, tal como recolhe o MGS na sua página, é insultar? Sabes distinguir umha crítica política dum insulto ou é que só sabes enmerdar? Porque isso é o único que alguns sabedes fazer

8 nonmintas

pois claro que se insultou, ou os que estabamos alí non o vimos. Anda xa..

9 umha

es um bom aluno/a de Goebbels ti, mas a realidade foi que nom houvo insulto nengum, e o que dixérom foi o que se transcreveu aí atrás, ainda que che proa

96 JOSEPH

Realmente xenial a análise de Vence: http://xaviervence.blogspot.com/201... Con xente así estou tranquilo no BNG:

1 Brais

O problema é que este home non vai pintar nada na toma de decisións, nen en candidaturas do BNG, onde as decisións e postos de representación se lle atribuen a xente moi mediocre.

2 Burela

Grazas Xavier, por ensinarnos unha visión tan xusta e real da Asemblea.É unha pena que non teñas responsabilidade organica dentro do Bng, somos moitos os que agardamos que dende agora traballemos xuntos por unha Galiza liberada.

3 Maria Lois

Vence é moi lúcido pero nunca se molla!

4 comento

que va!!! mollous de pleno!! apoiou o documento oficial, é dicir, apooiou á Um ao quew ten dereito,claro, non pasa nada. Sorpréndeunos a muitas, por que si que estaba nunha posición de "buenismo" equidistante. Eu tíñao por Beirista... pero xa foron tempos...A que non se molla é a Alba N. Iso si, nondixo nada na intervención...e remata dicindo "hai que mollarse".... OS da U-niversidade...estará á espra dunha consellaría para o 2013??? ; )

5 militantedebase

É moi facil ppontificar desde as alturas. Outra cousa é o dia a día. E no día a día queriamos acabar co bloque, éramos a dereita ao servicio do FMI, eran as descalificacións personais, os insultos. A Vence debeulle gustar aquela posta en escena da UPG enmendándose a si mesma. Tamén debe concordar coa intervencióm de Rafael Villar, cos insultos a Beiras, cos abucheos a CIU(ainda que non se esté dacordo con eles) . Se Vence baixara das alturas outro galo cantaría... Si tan contento está que os ature el. Os demais somos libres para dicer que até aquí chegamos, individual ou colectivamente.

6 umha

A ver simpático, quem insultou a Beiras? Dizer que "a recente actuación pública de deslexitimación do BNG por parte do compañeiro Xosé Manuel Beiras non está á altura do seu contributo histórico", que é o que se dixo na assembleia, tal como recolhe o MGS na sua página, é insultar? Sabes distinguir umha crítica política dum insulto ou é que só sabes enmerdar? Porque isso é o único que alguns sabedes fazer

7 toupa

Vence apoiou o documento da U pero presentou enmendas que recollían cousas do proxecto común a pesar de non apoiar a enmenda á totalidade deste. E tampouco teño claro do que votou en urna, pois penso que el está entre eses que no seu artigo inclúe entre os que fixeron cruce de voto.

8 Xanti

Para min é unha opinión abraiantemente upegalla. Opinión moi interesada e con non poucas incongruencias.

95 Serxio

Upg mostrou unha torpeza absoluta primeiro ao por a Vazquez, un señor que resulta antipatico á xente. Despois de seguir apostando por el unha vez fracasou e quedou ridiculizado coas suas frases. A Upg fai o ridiculo cada vez que da un golpe de autoridade impoñendo listas na Coruña van deixar o partido ao nivel de Ferrol.

1 Xanti

Guillerme diríache, "eich , ehh, e... bueno..." Coido que hai xente que canta iso de "Guillerme presidente, queremos Augardente". Non me parece en absoluto unha mala persoa, pero e que en política hai que ter unha imaxe, e un pouquiño de carisma... Jorquera polo menos ten algo de cada unha desas cousas.

94 ssss

Sigo sen enteder aos Irmandiños e a +G, eles que falan e falan de refundacion, abrise a sociedade, renovar discursos e metodos, pedir democracia interna, etc. etc, etc. todo mui bonito sobor o papel, e logo as primeiras dificultades que se lle presentan a sua unica saida e a de escurrir o bulto e plantexar a sua baixa no Frente, con que cara se presentaran logo ante a sociedade galega? si estos son os renovadores prefiro estar cos tuzaros, mantidos,e todo a ristra de insultos que lle caen no lombo a os da UPG, polo menos teñen un liderazgo claro, saben o que queren e enriba son disiciplinados e traballadores, e por eso e algunhas cousas mais son ben vistos pola militancia non ascrita do BNG, entre eles un servidor.

1 Un que non é do BNG

Que sodes vistos por xente non adscrita ao BNG? Estás de coña verdade? Dende fóra, os do BNG sodes unha panda de mantidos, entre CIG, Adega, MESA, FRUGA, e todas as siglas posibles!!! Non traballades por Galiza, nada máis que para manter o voso partido, e de feito nin queredes xente nova no voso partido! A min non me quixeron porque tiña amigos en Esquerda Unida, e porque a miña nai é de Madrid... Que máis queredes? RH positivo? Galego cen por cen? Un Sabino Arana galego!!! O que queremos é unha nova forza nacionalista, galega, de esquerdas, pero aberta e integradora!!!! Non unha UPG que só quere a pureza da raza!!!

2 ssss

Non te alporices, un que non é do BNG,(afortunadamente) o teu orneo, retrate.

3 Harpazul

Eu son militante do BNG. E recoñezo o traballo feito pola UPG no seo da organización dende a súa fundación, iso é indiscutible. Agora ben, o que non é de recibo é que unha parte da fronte que representa exactamente a metade sexa a que pom o texto (sen unha soa aportación externa), o candidato, o portavoz, etc. e os demáis non aportemos nada (bueno, a cuota mensual si). Non se trata de quitarlle lexitimidade democrática á asemblea, senón que perece claro que aplicar maiorías tan exiguas nunha fronte de partidos leva á destrución da fronte. Por iso somos moitos os que xa estamos traballando nunha alternativa na que poidamos aportar algo. Simplemente.

4 JOSEPH

Para "Por Un que non é do BNG". Mira que es troleiro. Denegáronche a entrada por ter amigos en EU e por ser a túa nai de Madrid?? Non o cres nin ti.

5 saña

Teño amigos, en Esquerda Unida, no Psoe,e familiares e amigos no PP,e na UPG e ninguen no BNG preguntoume por eles, non estaras falando de outro Frente enemigo do BNG?

6 Ama

1# Ti que dis non ser do BNG, non sei en que BNG pretendias entrar, pero en Vigo no BNG e na UPG hai xente nacida en Madrid, e en fora de Galiza, de pais e nais non galegos, para que che fagas unha idea o meu pai militou sempre en EU, el xunto cos meus irmas votas EU e miña nai o Psoe. Sobre a CIG non entendo a teu parecer, e o unico sindicato de clase de Galiza, eu son afiliado e fun delegado, e non lle vin pechar a porta a ninguen. Vouche explicar unha cousa, a xente que eu coñezo en Vigo de +Galiza e de Irmandiños fon fan nada, non estan en ningun tipo de organizacion nin son capaces de crear algo por si mesmo a UPG e os seu militantes traballan por dou e si estan detras da CIG, A Mesa Adega sera polo seu traballo, que algun so queren chegar e encher.

93 Xornalista Irmandinho

GC: como militante do BNG, pero tamén como persoa e como xornalista, non me pareceu ben o que fixestes:

1 Xornalista Irmandinho

- primeiro, romper o segredo dunha asemblea interna, so risco de deteriorar aínda máis a nosa imaxe e a nosa relación co BNG - AQUÍ,NINGUÉN QUIXO SAÍR NOS MEDIOS, é o que se acordou, e só un "chivatazo" de alguén anónimo, ou unha filtración dun amigo dun amigo... conseguiu que este acto, totalmente secreto, aínda que aberto a quen quixera participar, e por iso vulnerable e susceptible de ser roto o segredo, saíse nos medios-;

2 Xornalista Irmandinho

- segundo, non citar as fontes ou polo menos, se se quere preservar o seu anonimato, non dicir "segundo fontes próximas ao EI e ás mocedades..." Así parece que é unha determinación oficial das nosas asembleas, por non dicir que non é exacto. Non houbo votación, só un reconto aproximado dun compañeiro, a modo de conclusión. Non é verdade nada do que di a vosa noticia. E non se pode tampouco pasar por verdade algo que che di calquera, un mero rumor. Se se quere dar voz a rumores, ou ao que diga alguén a título individual, habería de poñerse a fórmula que xa dixen: "Segundo fontes cercanas a..." Isto non me parece xornalismo.

3 Xornalista Irmandinho

A única VERDADE sobre a reunión, á espera de que nos pronunciemos as mocidades, ademais de +Galiza, é o comunicado oficial do Encontro Irmandinho, que o que di é isto: http://encontroirmandinho.org/artig...

4 Xornalista Irmandinho

COMUNICADO DE PRENSA Asemblea Nacional do Encontro Imandiño o domingo 12 de febreiro 03/02/2012 Reunida a Coordinadora do Encontro Irmandiño para avaliar o proceso e resultado da XIII Asemblea Nacional do BNG da pasada fin de semana, acordou facer público o que segue: 1º. Felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós participamos masivamente coa nosa razón, e de todo corazón, na asemblea do BNG, a primeira sen delegados dende 2006, nun exemplo de empuxe de base que deu como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.

5 Xornalista Irmandinho

Considerar que unha vez rematada esta XIII Asemblea do BNG e cos resultados xa coñecidos dun auténtico empate técnico entre os que pretendemos nunha fronte plural e recuperación do espírito fundacional de cooperación e irmandade nas relacións internas do BNG e os que pretenden máis do mesmo para seguir a manter a situación actual de dominio da UPG, require do todos nós, irmandiños ou non, unha reflexión seria sobre a situación resultante e sobre o camiño a tomar. 2º. Convocar a Asemblea Extraordinaria do EI para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin. Todo isto en cumprimento do acordado na nosa III Asemblea celebrada hai agora xustamente un ano, a respecto do proceso de rexeneración do BNG e do rol do EI a prol do mesmo. Galiza 03/02/12

6 Kolvev

Os irmandiños sodes uns infantiloides. No comunicado que pós non hai nada que desminta o que se afirma na noticia. A culpa non é do medio que o conta que fai, e ben, o seu traballo. A culpa é vosa, que dades pena, sodes cuatro e tedes cinco toupas. Ídevos criar.

7 Farta

Que risa, un irmandinho falando de "única verdade" e mallando nos medios por contar o que todos sabemos. E logo falades da U. Marchade axiña a ver se nos deixades en paz aos que si queremos o mellor para Galiza

8 Irmandinho

No comunicado non se fala de saír do BNG, non se decidiu nada aínda a este respecto. Por certo, o de "infantiloide" o dis por ti, non? Descualificar sen contrastar e debater argumentos é propio de nenos. E un medio non fai ben o seu traballo se atende a rumores ou "chivatazos" sen contrastar. Iso é "carnaza xornalística", sensacionalismo.

9 Kolvev

Os argumentos están claros, neniño. Eu non lin a ningún voceiro dos irmandiños ou das mocidades de máis galiza negando que quixeran marchar do Bloque nas próximas asembleas (que estades no voso dereito e ogallá sexa así). Por iso tes un comportamento infantiloide, como non che gusta o ves, cagas na lareira. Igualiño que fai a túa organización no Bloque. MARCHADE XA!

10 Vaicheboa

Escacho en dous! Un irmandiño laiándose de filtracións. Tamén as podes ler na vosa amada VOZ. Por certo, dise exactamente o mesmo que aquí. Nin sequera para marchar o sabedes facer con estilo.