Alumnado de catro centros galegos, premiados no V certame sobre doazón de órganos

Almuiña destaca o aumento do 56% do número de doazóns na conmemoración do Día Nacional do Doante

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O IV edición dos certames de curtametraxes e debuxo para escolares sobre a doazón de órganos e os transplantes saldouse con premios para alumnos de catro centros galegos.

Os traballos galardoados no concurso de lemas e ilustración foron 'Ti podes facer maxia' de Paula Piñeiro (IES Carlos Casares) e 'Está nas túas mans salvar vidas', de Lucía Alonso (IES Alexandre Bóveda), ambas as de centros de Vigo.

No caso do certame audiovisual, resultaron premiadas 'Segue Latexando', de Daniel Fernández, Yoel González, Raúl Carballeda, Paula Trigás, e María Josefina Fidalgo, do IES nº1 do Carballiño; e 'Mitos e Realidade', de Breixo Chan, Manuel Soutullo, Nicolás Crespo, Anxo Peón e Javier Muíños, do IES Luís Seoane.

Todos eles participaron no acto de entrega de premios en Santiago, no Museo Pedagóxico de Galicia, presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, con motivo da conmemoración do Día Nacional do Doante.

Almuiña aproveitou a ocasión para esgrimir as cifras en doazóns, nas que España é "líder mundial", e destacou o incremento do 56 por cento en Galicia durante o primeiros cinco meses do ano neste indicador, acompañado dun aumento do 20 por cento no número de transplantes.

CULTURA DE DOAZÓN

O titular de Sanidade incidiu na importancia de "fomentar a cultura da doazón" para "dar oportunidade" a que outros "poidan seguir vivindo", dado que ás veces o transplante é "a última alternativa de vida".

Así, hai que avanzar cara á plena "aceptación social" e "xerar esta cultura de doazón de órganos e tecidos" a través da educación en valores, lembrando que Sanidade, Educación e ADOS colaboran nunha campaña que se estendeu ao longo dos últimos 12 anos en diversos centros escolares e que xa celebrou 1.145 charlas e chegou a 58.000 alumnos de 127 concellos.

Neste certame de debuxo, sinalou, escoitáronse palabras como "maxia, salvar, mitos e latexados", que recollen "o espírito" do que é "tan importante". "Todos somos a organización internacional de transplantes", aclarou Almuiña, insistindo na concienciación e na sensibilización como a vía para chegar á sociedade.

Alumnos na clase
Alumnos na clase

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta