A conselleira de Medio Ambiente apela a comprometerse coa sustentabilidade do planeta "día a día"

Fíxoo durante unha visita ao municipio de Arteixo para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, instou ao conxunto da cidadanía a comprometerse coa sustentabilidade do planeta "día a día". Fíxoo durante unha visita ao municipio de Arteixo para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada 5 de xuño e que nesta edición pon o foco na contaminación do aire.

Na súa visita, manifestou que a celebración deste tipo de efemérides son necesarias para convidar a meditar que cambios pode introducir cada persoa na súa vida cotiá. Sobre a contaminación do aire, lembrou que unha das causas son os residuos que se xeran cada día. Por iso, apostou por darlles unha segunda vida, avanzando cara a unha economía circular.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta