Nacionalistas e socialistas inician este luns as negociacións para conformar goberno en Barreiros

O BNG depende do apoio do PSOE para gobernar este concello tras perder o PP a súa maioría absoluta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Nacionalistas e socialistas inician na tarde deste luns, día 10 de xuño, as negociacións para tentar conformar un goberno de progreso neste municipio lucense tras as pasadas eleccións municipais do 26 de maio.

En concreto, nos últimos comicios, o BNG foi a lista máis votada ao empatar a cinco edís co PP, que perdeu a maioría absoluta (seis concelleiros) que ostentaba na anterior lexislatura. Así as cousas, o BNG podería chegar a acordos co PSOE, que obtivo un representante que lle permitiría formar un goberno con maioría.

O encontro será ás 17,00 horas no centro sociocultural e, por parte da formación nacionalista, acudirá "unha delegación da asemblea local, conformada por catro persoas entre as que se atopa a candidata á alcaldía, Ana Ermida; a responsable local da organización, Belén Fernández; e os membros do consello local e da candidatura, Xoán Manuel Díaz e Suso Díaz".

Ermida precisou que, na reunión, "presentarán o proxecto" que pretenden "levar a cabo no próximos catro anos, distinto do actual". Con esta primeira toma de contacto espera que se poida dar cumprimento ao mandato veciñal. "A xente apostou por outro goberno distinto desde o momento no que outorgou ao BNG ser a lista máis votada", manifestou.

A nacionalista, que cre que a súa deber "é facilitar esa vontade dos veciños", entende que "tal e como manifestou o PSOE en numerosas ocasións e durante a campaña electoral, o seu desexo tamén é que cambie o goberno no municipio".

Para iso, espera que "o resto de forzas políticas estean á altura" pois asegura que así o farán desde o BNG. "As veciñas e veciños de Barreiros puxeron a súa confianza en nós para traballar no futuro do Concello", insistiu.

Neste sentido, apelado á "responsabilidade" que, na súa opinión, "implica non precipitarse e tomar decisións sosegadamente, analizando as consecuencias". "Estaremos á altura das circunstancias e responderemos o mandato da cidadanía do pasado 26 de maio", expresou.

Praias en Barreiros
Praias en Barreiros | Fonte: AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta