Locomotoras avariadas, falta de maquinista e problemas de mantemento nos trens de longa distancia

A CXT denuncia "deficiencias" en trens que unen a Galicia coa Península e reclama "melloras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O sindicato ferroviario Confederación Xeral do Traballo (CXT) reclama unha "mellora en servizos ferroviarios de Longa Distancia convencionais" que unen Galicia con Euskadi --Intercity--, O Porto --Celta--, e Madrid e Barcelona --Tren Hotel-- debido ás "deficiencias" que, na súa operativa diaria, asegura esta central sindical, ofrecen estes trens.

A CXT denunciou, nun comunicado, a existencia de "locomotoras avariadas, faltas de maquinistas, cortes de vía por desprendemento, substitución de trens por autobuses, transbordos de viaxeiros, atrasos e incidencias en climatización, portas e asentos e material con máis de 30 anos de servizo sen enchufes, sen bandexas e sen wifi".

A modo de exemplo, o sindicato sinala o tren nocturno a Madrid, que "non ofrece un servizo de calidade desde a súa última modificación de horarios e composición, dado que o tren eliminou prazas ofertadas e alongou a duración da viaxe ata o once horas", sostén.

Así mesmo, outro servizo convencional con "mala calidade", indica CXT, que Renfe oferta é o Media Distancia León-Vigo. "Chega habitualmente con máis de 30 minutos de atraso debido a incidencias dos vehículos S/449 que utiliza a empresa para facer este servizo ferroviario", explicou o sindicato, ademais de apuntar que estes problemas se deben á "falta de repostos para o mantemento dos mesmos".

Por último, a CXT anunciou a posta en marcha dunha campaña para mellorar estes servizos, "comezando coa carta remitida ao director de Renfe Viaxeiros en novembro de 2018", na que este sindicato esixiu "melloras nestes servizos".

Tren de Renfe
Tren de Renfe | Fonte: RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta