Facenda prevé que o cociente débeda/PIB baixe en 2019 por terceiro ano consecutivo

Segundo o Banco de España "Galicia é das comunidades con menor endebedamento, 6,1 puntos menos que a media".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A Consellería de Facenda prevé que o cociente débeda/PIB de Galicia baixe en 2019 por terceiro ano consecutivo. Na actualidade, segundo os datos do Banco de España, sitúase no 18,3%.

Nun comunicado de prensa, o departamento de Valeriano Martínez destaca que o Banco de España "volve ratificar que Galicia é das comunidades con menor endebedamento, 6,1 puntos menos que a media".

Engade que "grazas ao mellor comportamento respecto da media autonómica", a comunidade "evitou a emisión de máis de 3.800 millóns de euros".

Facenda, Axencia Tributaria, AEAT, declaración da Renda, contribuínte. EUROPA PRESS - Archivo
Facenda, Axencia Tributaria, AEAT, declaración da Renda, contribuínte. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta