Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 11:35
Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Ourense detiveron a un mozo de 23 anos veciño do municipio ourensán dos Blancos cando plantaba un lume, tras o que tentou agredir aos gardas que interviñeron.
Segundo informou o Instituto Armado, no marco da 'Operación Agalladeira II' foi detido o 16 de xuño ás 16,00 horas C.S.Q., de 23 anos e veciño dos Blancos, cando estaba a plantar un lume en Nocedo de Ribeira. Tras ser interceptado pola Garda Civil tentou agredir aos axentes.
Ao detido impútaselle un delito de atentado a axentes da autoridade e 16 delitos de incendio forestal, ocorridos entre xaneiro e xuño nos concellos dos Blancos, Baltar e Xinzo de Limia, onde resultaron afectadas 3,75 hectareas de monte arboledo e desarbolado.
As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.