SOS Sanidade Pública desvincúlase da folga de primaria: "soamente se implica" nas "consensuadas"

"SOS, como plataforma que aglutina a todos os colectivos non pode ter unha participación activa sen contar co resto de traballadores dos equipos de Atención Primaria, dos sindicatos e do resto de organizacións que integran a plataforma", asegurou nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública aclarou que "apoia todas as mobilizacións" para defender a mellora da Atención Primaria, pero "soamente se implica" nas que "son acordadas de maneira consensuada por todas as organizacións que a integran".

Así o manifestou para desvincularse da folga e mobilización convocada para este mércores 19 de xuño por profesionais de Atención Primaria en Galicia, á que expresou o seu respaldo o sindicato médico CESM.

Nun comunicado, SOS Sanidade Pública puntualizou que na última reunión da plataforma abordaron a convocatoria de folga de médicos en Atención Primaria en Galicia e "a decisión foi de non oporse a unha mobilización convocada por un colectivo de traballadores en defensa da mellora da sanidade pública".

"SOS, como plataforma que aglutina a todos os colectivos non pode ter unha participación activa sen contar co resto de traballadores dos equipos de Atención Primaria, dos sindicatos e do resto de organizacións que integran a plataforma", concluíu.

Médicos de Atención Primaria da área de Vigo.
Médicos de Atención Primaria da área de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta