Os galegos, dos menos deportistas do estado

Unha análise dun comparador de seguros de saúde apunta que no verán aumentan as actividades deportivas para “presumir de bo tipo ou do cachas que un está”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Chega o verán e, con el, as ganas de facer cousas e, mesmo, de poñerse en forma. Pero os datos reflicten unha dura realidade. Os galegos son dos máis sedentarios e menos deportistas de todo o estado. Así o reflicten os datos do último informe elaborado polo comparador de seguros de saúde Acerto.com que apuntan a unha taxa de sedentarismo do 57%, a pesar de que se incrementa o número de persoas que fan deporte nos meses de verán --até 2 de cada 5 incrementa a frecuencia cando chega esta época do ano--.

Unha muller bota unha crema de protección do sol nunha praia durante o verán
Unha muller bota unha crema de protección do sol nunha praia durante o verán | Fonte: López-Doriga Digital

Os máis activos durante esta época do ano son os baleares e madrileños, seguidos dos rioxanos. Os estremeños e galegos atópanse no lado oposto da balanza. Outras variables que inflúen son o nivel socioeconómico. Canto máis alto é este, máis exercicio se faie e máis diñeiro se gasta en equipamento deportivo -a media española rolda os 90 euros-. En calquera caso, ao conxunto dos españois gústalles facer exercicio cos seus amigos -fano 2 de cada 5-. Case a mesma proporción opta por facelo en solitario, mentres que o resto alterna ou se vai con algún familiar, compañeiro de traballo ou similar. Aínda que estes son a última opción (só o 4% fai deporte con compañeiros de estudo ou traballo).

En canto ás modalidades deportivas, triunfan o ximnasio e o running. Na ecuación e por orde de preferencia entran o fútbol, a natación, o pádel e o ciclismo. Aínda que aquí hai diferenzas entre homes e mulleres. Por exemplo, elas senten moitísima máis preferencia polo ximnasio que eles.

E QUE HAI DETRÁS DO AUMENTO DO DEPORTE NO VERÁN?

E a que responde este aumento na frecuencia do deporte?... "Non ten tanto que ver con que os días acrecentan e apetece máis facer exercicio ao aire libre, senón con razóns estéticas e coa operación bikini tardía". Así o recoñecen até 3 de cada 5 enquisados polo comparador que, lonxe de mellorar o seu estado físico, o que queren é “presumir de bo tipo ou do cachas que están”.

Séguenlle aqueles que din querer estar máis sans e os que desexan adelgazar. O resto alega outros argumentos como divertirse, coñecer xente nova, etcétera. “Dada a relevancia da parte estética non nos estrañan entón outros datos que desvela o informe, como que son moitos os que se poñen a réxime a última hora e máis os que optan por unha dieta milagre -nestas últimas cren até o 64% dos españois-”, recolle nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta