Temas: FESAN

Fundación "vinculada ao Opus" suma 3,7 millóns nesta lexislatura

A Consellería de Traballo adxudica a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) a baremación dos títulos formativos que ela mesma imparte, denuncia a CIG.

Por Walter Burns | Santiago | 22/02/2012 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A CIG denunciou hoxe que "unha fundación vinculada ao Opus Dei eríxese en xuíz e parte do recoñecemento de experiencia profesional". O sindicato critica que a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) vaise encargar de tramitar "os expedientes de 6.000 galegos que solicitaron unha acreditación para poder traballar".

O problema para a CIG pasa porque esta fundación "o mesmo tempo que imparte cursos que dan acceso a esta acreditación, a Consellería de Traballo encoméndalle a xestión, custodia e baremación da totalidade dos expedientes".

None

Gran volume de contratación

GC comprobou que a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) está a recibir unha gran volume de contratos dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo. Son máis de 3,7 millóns, nalgúns casos mediante contratos adxudicados pola vía de urxencia.

En opinión da CIG "é unha das grandes beneficiarias do proceso actual de privatización dos Servizos Públicos". Velaquí unha mostra dos contratos e convenios, algúns a dedo, adxudicadios á FESAN:

En xullo de 2010 a Consellería de Trabalo adxudicoulle o programa de turismo social mediante tramitación urxente por máis de 305.000 euros.

En abril de 2011 o Consorcio do Benestar aduxicoulle 2,7 millóns "para apertura e implantación inicial nas provincias de A Coruña e Lugo de seis centros de día e unha vivenda comunitaria".

En setembro de 2011 Traballo adxudicáballe 400.000 euros en programas de formación profesional.

En decembro de 2011 a Consellería de Traballo dáballe unha subvención de máis de 200.000 euros para actividades de formación.

Tamén en decembro de 2011 gañaba outra subvención de 74.000 euros para o fomento do emprego.

En xaneiro deste ano Medio Rural adxudicáballe tres exposicións didáctcas intenirantes por máis de 100.000 euros.

Por outra banda, recibiu 6.000 euros da Xunta a través do programa de subvencións para asociacións que traballan de emigrantes. A FESAN organiza numerosos cursos da Xunta, fundamentalmente financiados con cartos europeos.

Bipartito

En xaneiro deste ano a CIG xa denunciara a adxudicación de varias escolas infantís a esta fundación pola vía de urxencia.

FESAN tamén acadou un gran volume de contratación durante o bipartito, incluso mediante convenios, un tipo de adxudicación discrecional. Segundo datos oficias consultados con GC, a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar asinou cinco convenios coa FESAN por 678.000 euros.

Temas: FESAN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Nemigo

o opus está dirando de fondo de armario

4 Bruar

Por certo, non sei si será cousa particular ou xeral, pero no I.E. non se ve axeitadamente esta nova; ainda que no Mozilla si que se ve perfectamente.

1 Zascandil

Debe ser unha interferencia do OPUS DEI, chama a San Caetano que che manden o servivio técnico a ver si cho da amañado!

2 sito.

non usedes o explorer oh! é unha pataca.

3 lupeces

Se fose só umha pataca...É o navegador da multinacional Microsoft!!! Pása-te ao sofware livre, visita a página www.mancomun.org

4 lupeces

Se fose só umha pataca...É o navegador da multinacional Microsoft!!! Pása-te ao sofware livre, visita a página www.mancomun.org

3 Iebel

Calquera que vivo preto de García Barbón en Vigo pode ver en moitas ocasións a Javier Guerra acudindo a tódolos actos e enterros que fai o Opus ao mellor estilo Baltar no local do Opus.

2 Alucinado

O que lle fode á CIG é que lle quiten parte do pastel. Cantos cartos públicos chuchou o sindicato no que vai de lexislatura? Veña, que se saiba. Bastante máis dos 3,7 millóns.

1 Bruar

Parece deducirse dalgúns comentarios que lles importa pouco que a Xunda do PP traslade cartos a entidades vinculadas ao Opus Dei. Iso a algúns dalles igual, o que lles importa non é si foron correctamente ou incorrectamente adxudicados, o que lles importa é cantos cartos de formación levou a CIG. Xa por non dicir que sindicalismo católito é ben reducido. Si esas son as premisas, ti vaite aos cursiños da COPE-OPUS DEI, pero non nos veñas a dar lecciòns.

2 un da CIG

Por sorte a CIG segue a ser totalmente independente. Grazas aos seu 75000 afiliados é a segunda organización do Pais, só detrás do PP. Non se somete aos dictamenes do poder como sí fan outras organizacións, únicamente por subvencións. Seguiremos apoiando a CIG, pois grazas á primeira organización nacionalista, a Feijoó venselle as cores. Ah, tampouco temos medo de ir ao inferno, digoo polo do Opus Dei.

3 Vinagre

Vai para a cama home que andas a desvariar, polo visto, cosono xa non sabes nin o que dis!

4 incrédula

A CIG independente? Tí alucinas. Por eso non participou nas mobilizacións obreiras do domingo 19, nin vai participar nas do 29 de febreiro

5 Un calqueira

Si, a CIG é independente. E pode decidir a súa práctica social e política. Son independentes as organizacións que non van secundar a folga xeral? Mira que se din estupideces. Este é o nivel do país!

1 Andrés López

Pero se metade do goberno Feijóo e 80% do goberno Rajoy é Opus puro? De que nos estranamos? Acaso é casualidade que estiveran na toma de posesión do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, un dos persoeiros desta secta dende hai anos? Logo que non nos colla desprevenidos o de Red Madre, a prohibición do aborto e os servizos sociais convertidos en esmolas e caridade franquista. O Opus é un estadio avanzado do franquismo, nin máis nin menos.

1 Colebra

Andrés: Nós as mulleres somos moito máis tolerantes e asumimos a pluralidade de crenzas como un réxime potestativo do individuo, por iso entendemos con toda naturalidade, que uns se deixan guiar polo espírito de Monseñor Escriba de Balaguer, e outros o fagan pola encíclica do Papa Negro da UPG . A repartición dos pans e os peixes sempre vai en función do credo do repartidor, agora con e PP o ascua arrímase á sardiña do OPUS e co bipartito a brasa quentaba o unto da CIG Pero o problemático é que despois da espantada nacionalista o ciclo da alternancia tocou ao seu fin, e a CIG ten un longo período de vacas fracas e coa que está a caer a fame pode ser doente e o unto frío a verdade non se antoxa.

2 Bruar

Colebra, estimada rept..., estimada señora. Que terá que ver unha cousa coa outra? Ou ti estimas correcto practicar o teu odio á CIG e á U para defender que se lle dean fondos de Formación ao Opus? Ou sexa que si o repartidor reparte, que máis da a calidade do animal? Deberías traballar nesa diputación dunha provincia pequena e que destina 29.000.000€ a pagar gastos de funcionarios qeu entraron como entraron. Deus bendito, que país de corruptos mentais e non tan mentais. Esta xente sería capaz de autodiágnosticarse agnóstica e levara figuriñas de pau católicas nas procesións...

3 bouzas

Bruar, que é o que non entendes: que a fundación tamén comeu do bipartito? que hai bipartitos en unha deputación hoxe -a que queda- que fan repartos clientelares? Xa sabemos quen é o PP e da ambición dos amantes da obra, pero non escondas o que fan os que teñen o discurso de esquerda para manter o aparato ante os inocentes. A cousa tenche moito que ver, o que acontece é que ti estás cego cando che convén. Os teus santiños tamén son de barro e portan saco para recoller esmolas do público. Da o paso: faite ateo e deixa de adorar aos deuses farsantes!

4 galegossomostodos

Ten narices que esteades a criticar a unha secta, cando vos pertencedes a outra que leva unha estrela comunista. Ídelle vender a moto a algún raparigo novo, que esa e a única forma de enganar a alguén para que vos siga.Estes bloqueiros teñen ollos no cu, pero olvídanse de abrir os da cara