A Universidade de Santiago culpa a Xunta e Goberno central do seu déficit de 1,14 millóns de euros

Reclama un novo plan de financiamento que asuma a realidade singular da USC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O consello de goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou este venres as súas contas anuais do exercicio de 2018, que evidencian un déficit de 1,14 millóns de euros en termos de contabilidade nacional.

A vicerreitora de Titulacións, Vitoria Otero Espinar, e o reitor da USC, Antonio López
A vicerreitora de Titulacións, Vitoria Otero Espinar, e o reitor da USC, Antonio López | Fonte: USC.

O xerente Javier Ferreira informou a este órgano colexiado de que este saldo negativo é debido a medidas adoptadas tanto desde a Xunta como desde a Administración estatal. Concretamente, menciona o incremento retributivo do persoal "sen que fose cuberto coa correspondente achega económica".

Neste contexto, a xunta de goberno da institución académica evidenciou que o déficit apunta á "necesidade dun novo plan de financiamento que asuma a realidade singular da USC, tanto desde o punto de vista da súa infraestrutura —con numerosos edificios históricos— como do seu cadro de persoal ou da súa capacidade no conxunto do sistema investigador galego".

Así, o xerente tamén dixo que "a ausencia dun novo plan de financiamento obrigaría a demandar o incremento das contías" que as arcas públicas da Xunta destinan ao Sistema Universitario Galego (SUG).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

E como proba do seu compromiso coa austeridade e a transparencia, reitor e xerente acaban de crear un novo posto de libre designación chamado Responsábel de proxectos institucionais. A súa modesta retribución: 74.000 euros anuais.