"+G debe crear un partido dentro do BNG"

Camilo Nogueira insiste en que Máis Galiza debe facer valer a metade de apoios que conseguiu na asemblea para "preparar ao BNG para gobernar Galiza". Entrevista de GC co histórico líder nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/02/2012 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Vostede foi sindicalista, liderou Unidade Galega, foi deputado e europarlamentario...Con esta longa traxectoria no nacionalismo, como está a ver o que acontece no BNG?

None

O que sucede agora no BNG é o último resultado dunha crise comezada en 2001 cando ainda mantiña a condición de primeira forza da oposición e unha situación particularmente boa  en alcaldias, as Cortes e no Parlamento Europeu. Nese momento en lugar de facer un alto no camiño e reflexionar sobre o estado da sociedade galega, do Estado español, da Unión Europea e do mundo co obxectvio de potenciar ao nacionalismo galego como alternativa de Governo,  provocóuse unha crise interna que derivou no declinio que coñecemos. 

 

É ben sabido que unha parte do BNG apoiou unha candidatura alternativa á Presidencia do Governo Galego que,  encabezada por  min, se enfrentou a unha maioría que non quixo compreender o que pasaba ou non lle preocupaba o que podía pasar. 

 

E por que formou parte da alternativa de Máis Galiza e EI na pasada asemblea?

Porque foi a forma de manifestar que dentro do BNG existe  outra forma compreender e traballar polo pleno autogoberno nacional desde os valores da esquerda e outro xeito de ver a Galiza como nación no mundo. Sabendo que hoxe a sociedade galega está máis concienciada sobre a cuestión nacional, que a pesar da marxinación na política e na estratexia económica do Estado dispón dunha capacidade económica capaz de sustentar o autogoverno, que ten  unha língua nacional falada pola maioría que goza n ademais un carácter intercontinental; se así o decide, Galiza pode ser recoñecida como unha nación na UE, na Europa sen fronteiras. 

 

Cre que cambiou algo desde ese cónclave?

Creo que sí. A candidatura alternativa conseguía praticamente a metade dos apoios nunha Asemblea Nacional que contou con mais participación que nunca.

 

Con todo a APU foi a vencedora, cre que é posible a convivencia interna?

Coido que alternativa por un novo proxecto común que tivo tan grande apoio debe organizarse internamente e na sociedade de acordo co defendido na Asemblea e  sen ningúnha limitación, contribuindo a preparar ao BNG para gobernar en Galiza pola liberdade, a xustiza e a igualdade. 

 

A saída de EI

 

E que opina da saída de EI do BNG?

Non me corresponde a min opinar sobre a decisión que tomaron eses compañeiros

 

 

Tamén EG e o PNG-PG manifestaron a súa intención de abandonar esta fronte...

Penso o mesmo.

 

Partido dentro do BNG

 

E que pensa que debe facer agora Máis Galiza?

Os seus dirixentes manifestaron a intención de constituirse en partido político dentro do BNG, materializando a idea da existencia duas grandes correntes internas, respeitando calquera outra e en todo caso aos direitos iguais dos militantes independentes. 

 

Nas últimas semanas dirixentes da UPG estiveron falando con alcaldes e con destacados militantes. É certo que Paco Rodríguez falou con vostede? e de que falaron?

Como se pode compreender, a estas alturas e sabendo que todos temos muito que aprender dos demais, non preciso falar demasiado  para decidir sobre o que teño que facer.  

 

Beiras e Rodríguez

 

Vostede os coñece ben, sempre se falou de que a tensa relación entre Beiras e Paco Rodríguez é, en parte, a causa da situación actual. Cre que isto é certo?

Como é sabido nunca participei nesa relación. 

 

Cre que a situación interna que vive o BNG vai ter consecuencias electorais?

Espero que todo o mundo aprenda do sucedido e que isto  sirva para superar a crise e para impulsar a alternativa de Goberno nacionalista e da esquerda que Galiza necesita. 

 

E vese vostede no futuro noutro proxecto político que non sexa o BNG?

Penso que o contestábel ante a pergunta está no que xa dixen anteriormente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

19 comentario

Todos os comentarios que aquí vexo parecen de persoas frustradas e con poucas miras. Que é o que queremos? botar todo o camiño andado ao lixo? A ver a ver, agora resulta que a maquinaria que se está argallando ao redor de Beiras, teñen a mesma forma de actuar que o BNG. Primeiro cando Carlos Aymerich dixo que +G debía marcharse do BNG. Quen decide que +G debe deixar o BNG para onde quere ir? Eu dende logo nese barco con Marios López Rico, Filipes Díez, Teresas Táboas, Xoans Antón Pérez Lema e cía non me subo. Iso si o teño claro.

1 comentarineutro

E logo, ti por quedarte dentro xa non estás frustado e tes altas miras. Si vos creedes o umbigo do mundo!

18 Saña

Vendo tantas marcas blancas que ten a UPG, (MGS, Camilo, Aymerich, +G,) propoño un novo slogan:"A UPG, lava mais blanco e aviva os coores". que tal?

17 María Lois

Carlos ten un problema, pola Coruña vai ir Jorquera de primeiro, de segunda Analuisa (isto explica a súa portura acerrima de quedar no BNG e o terceiro como sigamos así non sae. Por Pontevedra ira de primeira a "disciplinada" pola U Carme Adán e loxicamnete Bietiño Lobeira e segundo, que para iso fai méritos. Ulo o sitio de Aymerich? Aínda hai esperanza de que marche do BNG ao non atopar carguiño!

1 Gael

E onde metemos á Pontón?

2 Gael

E onde metemos á Pontón?

3 evomorales

E a Iria Aboi?

4 Black Crow

Vaya hombre, que mala suerte la de Bieito, otros cuatro años sin poder ser mariñeiro.

5 ParaMaría

Si é polo carguiño mellor que se QUEDE

16 anton

O que me parece a ostia e que ninguén teña en conta os 200 mil votantes que se foron e do goteo continuo de baixas nos últimos anos. Baixas silenciadas, porque non eran xente con cargo nin con poder. Xente que estaba por amor o pais e que se foi porque era consciente de que este BNG non era útil para galiza. Pero nada vos o voso. A manter a unidade dos 4 caudillos do bng de toda a vida, cada vez menos militantes e sin xente nova que entre a militar porque xa a purga a UMG. A realidade e que o BNG so ten 4.000 militantes a xaneiro de 2012 e nestos momentos 3.000 e pico. Seguide así, ca vosa "unidade" e negando o holocausto upegallo. Galiza non paga a traidores

1 xentedebase

Foi o mais sensato que levo lendo nos foros até o de agora "Baixas silenciadas, porque non eran xente con cargo nin con poder. Xente que estaba por amor ao pais..." CONCORDO TOTALMENTE.

15 un a piques de deixar +G

As bases de +G están fartas de ser enganadas pola dirección.

1 Si???

Ten bases +G? Non son todos cargos públicos?