"+G debe crear un partido dentro do BNG"

Camilo Nogueira insiste en que Máis Galiza debe facer valer a metade de apoios que conseguiu na asemblea para "preparar ao BNG para gobernar Galiza". Entrevista de GC co histórico líder nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/02/2012 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Vostede foi sindicalista, liderou Unidade Galega, foi deputado e europarlamentario...Con esta longa traxectoria no nacionalismo, como está a ver o que acontece no BNG?

None

O que sucede agora no BNG é o último resultado dunha crise comezada en 2001 cando ainda mantiña a condición de primeira forza da oposición e unha situación particularmente boa  en alcaldias, as Cortes e no Parlamento Europeu. Nese momento en lugar de facer un alto no camiño e reflexionar sobre o estado da sociedade galega, do Estado español, da Unión Europea e do mundo co obxectvio de potenciar ao nacionalismo galego como alternativa de Governo,  provocóuse unha crise interna que derivou no declinio que coñecemos. 

 

É ben sabido que unha parte do BNG apoiou unha candidatura alternativa á Presidencia do Governo Galego que,  encabezada por  min, se enfrentou a unha maioría que non quixo compreender o que pasaba ou non lle preocupaba o que podía pasar. 

 

E por que formou parte da alternativa de Máis Galiza e EI na pasada asemblea?

Porque foi a forma de manifestar que dentro do BNG existe  outra forma compreender e traballar polo pleno autogoberno nacional desde os valores da esquerda e outro xeito de ver a Galiza como nación no mundo. Sabendo que hoxe a sociedade galega está máis concienciada sobre a cuestión nacional, que a pesar da marxinación na política e na estratexia económica do Estado dispón dunha capacidade económica capaz de sustentar o autogoverno, que ten  unha língua nacional falada pola maioría que goza n ademais un carácter intercontinental; se así o decide, Galiza pode ser recoñecida como unha nación na UE, na Europa sen fronteiras. 

 

Cre que cambiou algo desde ese cónclave?

Creo que sí. A candidatura alternativa conseguía praticamente a metade dos apoios nunha Asemblea Nacional que contou con mais participación que nunca.

 

Con todo a APU foi a vencedora, cre que é posible a convivencia interna?

Coido que alternativa por un novo proxecto común que tivo tan grande apoio debe organizarse internamente e na sociedade de acordo co defendido na Asemblea e  sen ningúnha limitación, contribuindo a preparar ao BNG para gobernar en Galiza pola liberdade, a xustiza e a igualdade. 

 

A saída de EI

 

E que opina da saída de EI do BNG?

Non me corresponde a min opinar sobre a decisión que tomaron eses compañeiros

 

 

Tamén EG e o PNG-PG manifestaron a súa intención de abandonar esta fronte...

Penso o mesmo.

 

Partido dentro do BNG

 

E que pensa que debe facer agora Máis Galiza?

Os seus dirixentes manifestaron a intención de constituirse en partido político dentro do BNG, materializando a idea da existencia duas grandes correntes internas, respeitando calquera outra e en todo caso aos direitos iguais dos militantes independentes. 

 

Nas últimas semanas dirixentes da UPG estiveron falando con alcaldes e con destacados militantes. É certo que Paco Rodríguez falou con vostede? e de que falaron?

Como se pode compreender, a estas alturas e sabendo que todos temos muito que aprender dos demais, non preciso falar demasiado  para decidir sobre o que teño que facer.  

 

Beiras e Rodríguez

 

Vostede os coñece ben, sempre se falou de que a tensa relación entre Beiras e Paco Rodríguez é, en parte, a causa da situación actual. Cre que isto é certo?

Como é sabido nunca participei nesa relación. 

 

Cre que a situación interna que vive o BNG vai ter consecuencias electorais?

Espero que todo o mundo aprenda do sucedido e que isto  sirva para superar a crise e para impulsar a alternativa de Goberno nacionalista e da esquerda que Galiza necesita. 

 

E vese vostede no futuro noutro proxecto político que non sexa o BNG?

Penso que o contestábel ante a pergunta está no que xa dixen anteriormente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

14 Eu,Outro e do acolá

Agora todo é un caos. Vanse uns, quedan outros. A algúns xa nos botaron fai anos( no 2003 máis exactamente, por anunciar o que agora ocorre). Hai e debemos ser respetuosos con todos, os que nos vamos a casa, os que prefieren quedar e loitar por uns ideais, os que saen e prefiren outro proxecto, os que quedan por inercia .... É unha mágoa que entre todos nos sexamos capaces de entendernos, pero así é a vida mesma, acontece ca familia, con amistades, con parellas, en fin.... Sorte a todos!!!

13 César

Aymerich é un comisario da UPG. Está enredando a perdiz e toreando aos seus de mala maneira. Hai que chegar a un amplo acordo que conflua nun partido para Galicia, e esgazar o BNG-UPG. Esta organización roza a marxinalidade...non o vedes?

1 Rásec

que si home que si, que a upg está detrás de todo e son uns demos, e o que non está comigo está coa U... xa chega de trollear

2 desenganado

Sempre o pensei, só que me fixo dubidar nesta última asemblea.Agora vexo o engano. Aburrir e desfacer por cansancio. Pensar que vai ter oportunidade de ganar desde dentro, "visto lo visto" é querer facernos parvos. Curioso que os de cargos non queiran moverse. A ver si teñen sorte e hai reparto de pastel para todos.

3 Xan de Outeiro

Logo da revolución dos caraveles en Portugal dicíase que os comunistas, nas asembleas de empresa para tomar acordos, deixaban que a xente falara e falara ata que se aburriran. Os traballadores ian marchando de aburridos e ao final, cando s.o quedaban os que interesaba, entón faciase a votación. Sempre gañaban, claro. A UPG está utilñizando un método parecido: trata de enlear aos militantes non conformes, de darlles largas e promesas para ao final acabar facendo o que xa estaba previsto. Aymerich está sendo víctima deste maquiavélico método de gañar ao contrario. Acabará cansandose e indose; entón a UPG pasará ao atque directo e gañará por goleada os organos internos que mandan.

12 torbion

O de camilo é cojonudo hai que ter jeta, acusa a Beiras e os Irmandiños de ir por libre sen consultar con +G e vai el e decide pola sua conta que hai que quedar no BNG sen consultar tampouco con ninguen! Mais que nunca ven a conta o refran aquel da palla no ollo alleo e non a viga non propio!! ...pais

11 unha que está farta

Non se dixo que nada de opinións nos medios ata o 11 de marzo? ah, claro,os que queren quedar sí poden escribir artigos...!!

1 Outro que está farto

Completamente dacordo compañeira. Aquí polo visto só poden filtrar info e opinar os que queren quedar, e a maioría que quere marchar ten que estar calada até o 11M. Por favor, parece que nos están tomando o pelo, e as bases xa están fartas. Como as cousas sigan así van ficar sós os dirixentes...

2 Máis farto aínda

Pois eu levo lendo a Pérez Bouza (+G) na Voz de Galicia desde dous ou tres meses antes da asemblea con opinións proclives á saída, tamén puiden ler que os mozos de +G queren deixar a fronte, ou ao alcalde de Maceda (+G) facer pública a súa postura de abandono do BNG a pasada semana. Agora, que se o que queredes é que os que prefiren quedar e non pensan coma vós estean caladiños... só vos podo dicir que isto non é Corea do Norte.

3 Non coreano

Como que non é Corea do Norte? En Corea do Norte se lle respondes a alguén nun dabate tamén che di que o están represaliando?

10 Black Crow

Recapitulemos, Camilo Nogueira dice que al contrario de lo que dice XM Beiras, es mejor quedar en la organización controlada por Paco Rodriguez. Detecto un pequeño problema de renovación de líderes en el mundillo nacionalista.