Convocan unha cacelorada pola supresión dunha aula de Infantil do colexio pontevedrés de Verducido

Denunciaron que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, comprometeuse a manter o profesorado no centro, e que este mércores recibiron a notificación da supresión dunha das mestras con praza definitica na escola.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A comunidade educativa do colexio de Verducido, en Pontevedra, alzarase este xoves contra a supresión dunha aula nesta escola de educación infantil. A ANPA convocou unha cacerolada ante o centro este xoves ás 20,30 horas para reivindicar que se manteña a calidade da escola.

En concreto, denunciaron que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, comprometeuse a manter o profesorado no centro, e que este mércores recibiron a notificación da supresión dunha das mestras con praza definitica na escola.

O Consello Escolar do centro, a ANPA e toda a comunidade educativa trasladou a súa protesta por esta decisión, e a súa precupación pola situación na que queda a escola, dado que no caso da ausencia puntual dunha das mestras quedaría unha soa para facerse cargo de máis de 30 alumnos de 3 a 8 anos.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar XUNTA
A conselleira de Educación, Carmen Pomar XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta