Instagram censura un vídeo do presentador e actor brasileiro Paulinho Vilhena espido nunha praia galega

Os medios brasileiros fanse eco da polémica xurdida polas imaxes tomadas nas Cíes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2019 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

Paulinho Vilhena é un famoso presentador e actor brasileiro, recoñecido con varios premios no seu país. Agora, a súa fama medra máis por un espido nunha praia de Galcia que publicou en Instagram e a censura que aplicaron os administradores desta rede social da que é propietaria Facebook.

Paulinho Vilhena, en Galicia.
Paulinho Vilhena, en Galicia.

O balbordo e a polémica en Brasil saltou aos medios de información, que dan conta do acontecido. Segundo a prensa daquel país, o célebre actor e presentador atópase en Galicia, onde "em um momento de plena liberdade", decidiu publicar un vídeo no que aparece completamente espido nunha praia facendo unha acrobacia coñecida como 'estrelinha' na area. Os medios sitúan a acción o pasado 25 de xuño, e salientan que foi un dos temas mencionados no programa 'Encontro com Fátima Bernardes', da TV Globo, o día 26.

Instagram bloqueou o vídeo alegando que incumpría as normas desta comunidade. Tras esta censura, o propio protagonista pronunciouse: “O Instagram retirou o tal vídeo de bumbum de fora… Respeitando as regras da comunidade instagramers".

Vilhena aproveitou para publicar unha nova fotografía sem camisa nas illas Cíes e preguntou: “Essa pode pessoal?? Peço desculpas se alguém se ofendeu ou se causei algum mal. Viva a LIBERDADE!!!! Viva a Galicia!!! #meubumbuminhasregras”.

Naquel vídeo espido, Vilheda escribira como comentario: “A Galícia me mostrou muita coisa, já acreditava na maioria delas… Amizade, preservação, amor… E ainda me deu a liberdade, liberdade verdadeira de estar em meio à natureza e poder verdadeiramente usufruir disso com respeito e compartilhando disso com a cultura local. Viva a Galícia! Que delícia!".

En apenas dúas horas, o vídeo acumulara case 400 mil visualizacións

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta