O alcalde de Padrón sóbese o soldo un 20%, mentres máis do 70% do persoal laboral non chega a 'mileurista'

A CIG denuncia a medida que considera "inaceptable e desproporcionada".

Por Galicia Confidencial | Padrón | 28/06/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Os traballadores do Concello de Padrón están indignados polo "espectacular aumento de soldo" que o alcalde e os seus seis concelleiros aprobaron no Pleno de Organización do Concello celebrado o pasado luns 24 de xuño, no cal se aprobou un incremento do 18% das retribucións do Alcalde, Antonio Fernández Angueira (PP). Así o di a CIG que denuncia que o seu equipo de goberno configúrase como o máis caro de toda a historia política de Padrón.

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin en Padrón (A Coruña)
O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin en Padrón (A Coruña)

En 2015 gastaba un máximo de 75.000 €. Agora ascende a 143.277€. É dicir, 68.277 € máis. O Comité de Empresa e os traballadores do Concello denuncian como o Alcalde pasa a cobrar 3.139 € ao mes e os seus edís teñen un soldo similar, cando máis do 70% do persoal laboral non chega a ser mileurista e non cobra os trienios por antigüidade nin ten dereito a acción social recollida no convenio colectivo e que se supostamente é destinada para as rendas máis baixas.

DENUNCIA

A falta de negociación por parte do Concello durante os últimos anos levou ao Comité de Empresa a interpoñer, o 13 de abril de 2018, unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña (ITSS) contra o Concello. O motivo foi a súa pasividade ante as reiteradas peticións de convocatoria da Mesa Xeral de Negociaser ción para tratar diversos temas referentes ás deterioradas relacións laborais entre o Concello e o seu persoal.

Esta denuncia supuxo un requirimento por parte da ITSS ao Concello en decembro do ano pasado, para “someter a negociación as medidas precisas para estender ao persoal laboral o sistema retributivo do persoal funcionario, con criterios de equiparación progresiva e non discriminación”, tal e como establece o convenio colectivo. Esta discriminación salarial provoca unha evidente mingua nas cotizacións á Seguridade Social do persoal laboral do Concello.

O Comité de Empresa considera o incremento salarial como “unha humillación e falta de respecto ao persoal laboral”. Ademais, consideran  “inaceptable e desproporcionada” a subida de soldo do alcalde e o seu equipo. Por outra banda, denuncian que o argumento do Concello para non subirlle o salario aos funcionarios era a falta de cartos, pero “soamente necesitaron un mes tras as eleccións” para facer este gasto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta