A música de Carlos Núñez daralle vida aos petrógliflos de Campolameiro

O Parque da Arte Rupestre deseña un completo programa para este verán que inclúe obradoiros de arqueoloxía, roteiros e visitas guiadas nocturnas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 28/06/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O concerto de Carlos Núñez será o evento máis destacado do verán en Campo Lameiro, a Capital da Arte Rupestre de Galicia. Ademais, neste máxico lugar, os visitantes poderán gozar, por primeira vez, de obradoiros didácticos todos os días, complementados con visitas guiada especiais como Atardeceres e Noitepedras. É tamén haberá unha oportunidade para que os turistas coñezan a valor paisaxístico de Campo Lameiro mediante a ruta do “Sendeiro do río Maneses” ou poidan gañar premios co primeiro concurso de fotografía “Enfoques rupestres”.

Presentación das actividades do verán 2019 no Parque da Arte Rupestre de Campolameiro
Presentación das actividades do verán 2019 no Parque da Arte Rupestre de Campolameiro | Fonte: Remitida

Con estes eventos culturais, o Concello de Campo Lameiro e o Parque da Arte Rupestre de Campo (PAAR) de Campolameiro (Pontevedra) queren promocionar conxuntamente o valor paisaxístico, cultural e turístico da localidade. Unhas actividades que terán o seu punto forte cun concerto do gaiteiro Carlos Núñez que fusionará a súa música cos misterios milenarios que ocultan os petróglifos.

Adamais, o PAA converterase este verán nun obradoiro experimental para os máis novos, ofrecendo todos os días ás 11:30 horas un obradoiro adaptado a idade dos rapaces: Sementes, Caza, Pintura ou Arqueólogos por un día.. Unha actividade que se pode facer en familia coa idea de “vivir” a Prehistoria e que terá un custe de 3 euros. 

VISITAS GUIADAS, CONCURSO E ANDAINA

Por outra banda, continúan as mellores visitas guiadas que se poden realizar hoxe en día na arte rupestre ao aire libre, co programa Atardeceres (Sábados ás 19:00 h., 7€ adultos e 5€ nenos) e polo noite Noitepedras (Venres ás 22:00 h., 10€ adultos e 7€ nenos). 

Carlos Núñez
Carlos Núñez

Este ano, o PAAR pon en marcha, por primeira vez, o primeiro concurso fotográfico “Enfoques rupestres” co obxectivo de reflexionar a través das fotos do valor estético e artístico da paisaxe rupestre, dende o 15 de xullo ata o 15 de agosto, e que conta con premios de 150€, 100€ e 50€.

Ademais, o Concello de Campo Lameiro organiza en colaboración co Parque unha andaina o próximo 7 de xullo ás 10:00 h polo fermoso “Sendeiro do río Maneses”, que une dous dos espazos máis singulares do municipio: a área recreativa do río Lodeiro e o Parque. Terá un prezo especial de 1€ para empadroados en Campo Lameiro, e 5€ para público xeral, e inclúe entrada, visita guiada ao PAAR e avituallamento. O punto de saída será na área recreativa do río Lodeiro e a reserva de entradas no Concello de Campo Lameiro. Máis información da ruta de sendeirismo no seguinte enlace: http://pangeaingenieria.es/rutas-de-senderismo/pr-g-230-sendeiro-do-rio-maneses/ .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta