Europeos a medias

Nesta España, onde irrumpiron novos líderes políticos, vivimos uns tempos nos que o razonamento e a coherencia entre o que se di e o que se fai escasea ou, mellor dito, non existe. Son dirixentes moi europeos para algunhas cousas, mais noutras actuan como se fóran terceiro mundistas.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/07/2019

Comparte esta noticia
Despois de escoitar as declaracións desafortunadas  do nuncio do Vaticano sobre o franquismo, declaracións que amosan saudade por voltar a un tempo  escuro onde a Igrexa levaba baixo Palio ó dictador, un titular que circula polas nas redes sociais chamoume a atención. Falaba dos mortos de Eta e os asesinados pola ditadura franquista que aínda están nas cunetas. E o lembrar  e valorar algo sobre aqueles que foron asesinados  hai  que ser moi prudente co que se di. Pois  os mortos todos son iguais, e sobor de todo cando foron vitimas da inxustiza e do terror viñera de onde viñera.
 
Hai uns días a TV pública fíxolle unha entrevista  ó Sr. Otegui. Nela  escoitáronse respostas que, ademais de non condenar o terrorismo, parece que xustificaban as accións infames da banda ETA.  Parte das chanmadas forzas constitucionais saíron en tromba a falar de branqueo da figura deste persoeiro. E todos culpaban a TV pública de querer lavar a cara dun señor que xustificou a violencia etarra.  Polo que parece que   900 e pico  mortos de Eta  siguen a ser un asunto  rendibel para esas organizacións partidarías que o lembran a miúdo. Claro, esquecendo que esta España tan europea, pra algunhas cousas, sigue sin rendir contas co seu pasado; sigue sen axustar as contas coas persoas machacadas na  súa época mais escura, e mantén a máis cento trinta  mil mortos sen nome nas cunetas das estradas e nos cementerios.  Polo que,  os seus familiares,  en segunda e terceira xeneración,  siguen a esperar unha minima reposición do agravio que se lles fixo na época anterior á democrática. E tanto é asi  que, na maioría dos casos, pagando do seu peto, ou coa axuda de organizacións  a favor da recuperación da memoria,  andan abrindo fochas e identificando  ós seus, ainda que iso, a día de hoxe,  xa non sexa noticia.
 
Isto que é unha realidade, non parece importarlle ós líderes deses  partidos  que claman e berran cando Otegui fala  nun medio que non  branquea  a ninguén, se non que pon branco sobre negro; que amosa  e decubre a faciana dun individuo que xustifica o terrorismo, cando debía pedirlle ás vítimas perdón por tanto dano que se lles fixo.
Os mortos de forma tráxica todos son iguais, ainda que os lideres duns partidos lembren soio a uns e  desprezen  ós outros.
 
Na Europa onde estamos integrados tamén houbo guerras, mais todos os estados axustaron contas co seu pasado e traballaron para pechar definitivamente os seus tempos escuros.   Cuestión que  en España non se quere afrontar. Por iso, da noxo  que dirixentes politicos  tenten  acadar réditos electorais do terrorismo máis recente  e, pola contra,  impiden pechar definitivamente unha época escura da nosa historia común.
En fin, parece que  somos  europeos a medias.  
 

Bandeira da UE
Bandeira da UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com