A proposta da Xunta para calar á enfermaría: ofrece contratos de tres anos a cen profesionais

Feijóo recoñece a existencia de contratos excesivos.“O obxectivo é garantir a súa estabilidade laboral e reducir o número de contratatos excesivos”, indicou.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 04/07/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Xunta quere calar os profesionais sanitarios anunciando semana tras semana novas ofertas de contratos. A última é ao colectivo de enfermaría tras as continuas protestas e o último Manifesto pola fin da Precariedade na Enfermaría do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita. A proposta de Alberto Núñez Feijóo para tentar calmar os ánimos deste sector pasa por ofrecer contratos de tres anos aos profesionais eventuais.

Enfermeiras e persoal sanitario e médico do HULA
Enfermeiras e persoal sanitario e médico do HULA | Fonte: FB Eventuais en Loita

 

“Agardamos que sobre cen enfermeiros se poidan acoller a este contrato de estabilización”, anunciou o presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello. Así, destacou que isto servirá para que estean máis estables antes de sacar unha praza definitiva.

Feijóo destacou que o seu goberno leva meses tentando estabilizar a situación laboral dos profesionais da sanidade. Así, lembrou que xa se contrataron a 30 médicos e pediatras nas últimas semanas e que “agora tócalle aos enfermeiros”. 

 

BUSCA A “ESTABILIZACIÓN”

 

Por iso, anunciou esta nova medida de “estabilización” que afectará ás profesionais que traballen en calquera centro sanitario; hospitais, urxencias, centros de saúde ou puntos de atención continuada. “O obxectivo é garantir a súa estabilidade laboral e reducir o número de contratatos excesivos”, indicou.

 

Os profesionais que accedan a estes contratos, suliñou o presidente galego, terán “os mesmos beneficios no réxime de descansos que o persoal estable”.  Esta medida, lembrou, súmase a intención do seu executivo de “mellorar” a situación laboral do sector. “Na convocatoria 2013-2019 xa se sacaron 1.519 prazas e no último concurso de traslados un total de 1.841 profesionais cambiaron de destino”, salientou.

 

CRÍTICAS

 

Este anuncio chega logo de que os profesionais presentaran o Manifesto pola fin da Precariedade na Enfermaría Galega, un documento no que denuncian duramente a precariedade laboral á que se ven sometidas. Así, critican que a Xunta ten “escravizadas e sen dereitos” a miles de profesionais cualificadas que non contan con contratos estables e ás que poden recorrer “a calquera hora do día”, dado que “se non, non comen”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galeguiña

E seguimos coa teima da sanidade! Médicos de atención primaria, desabastecemento, enfermaría, persoal subalterno, urxencias....Todo vale para crear un clima de axitación social cara as eleccións autonómicas. Casualidade que en caseque todas as imaxes dos conflictos aparezan persoas con carteis de Nunca máis e outras iconografías do BNG ou satélites? Apósto con quen queira que unha vez que pasen as eleccións, os "problemas" na sanidade xa non serán tan importantes, sobre todo se o PP perde a Xunta. Quen xoga?