Denuncian deficiencias no proceso de valoración de persoas con discapacidade para que reciban axudas públicas

“O atraso nas valoracións supón un claro prexuízo para unha parte desta sociedade que ten que ter a prestación de axuda de xeito eficaz e efectivo”, apuntan os sindicatos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/07/2019 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As Organizacións Sindicais con presenza na Mesa Xeral de Empregados Públicos, CSIF, CIG, UGT e CC.OO. acaban de denunciar importantes deficiencias dos Equipos de Valoracións e Orientación da Consellería de Política Social á hora de valorar situacións de discapacidade en Galicia.

Persoas con discapacidade fórmanse en ofimática en Moaña (Pontevedra)
Persoas con discapacidade fórmanse en ofimática en Moaña (Pontevedra)

Así, critican que a dotación de persoal coa que contan os equipos de valoracións, resulta “claramente insuficiente” para sacar adiante o traballo co que se enfrontan a diario. “O atraso nas valoracións supón un claro prexuízo para unha parte desta sociedade que sendo vulnerables deberan ter unha prestación de servizo público caracterizado pola prestación de axuda de xeito eficaz e efectivo”, indican nun comunicado.

Ademais, suliñan que o modelo de solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade, debe ser modificado porque “non facilita o traballo do persoal técnico” e porque “xera dúbidas a quen solicita pola terminoloxía utilizada”. 

Por outra banda, tamén se denuncian problemas para acceder a medios informáticos, como o IANUS, para avaliar cada caso concreto, por “sobrecarga no persoal de psicoloxía que non ten a concesión de acceso a este sistema e debe de recorrer continuamente ó persoal médico”.

Por todo isto, estes propesionais reclaman que o día da xunta de valoración non se citen pacientes para ningún profesional, que o persoal de psicoloxía tamén teña acceso ao IANUS ou que se respecten os tempos horarios nas valoracións. Tamén piden que que se presente unha solicitude máis clara e adaptada ás necesidades dos usuarios e a creación con carácter permanente de novas equipas de valoración naquelas localidades en que a carga de traballo provoca a superación dos prazos legalmente establecidos, así como a dotación de máis persoal de corpos xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta