Bugallo defende a ofrenda ao Apóstolo porque é un acto "tradicional" que se fai desde o século XVII

Acudirá a ela tras a ausencia de Martino Noriega durante os últimos catro anos. Non descarta "chegar" a conseguir os fondos europeos para a EDAR aínda que o ve "moi difícil".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, non descartou este venres que o concello consiga "chegar" a conseguir poder investir fondos europeos na nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) a pesar de que o ve "moi difícil".

Así o sinalou Bugallo nunha rolda de prensa, onde indicou que "non dá por sentado que non se chegue aos fondos europeos" e que "dependerá unicamente dunha cuestión" que é a "tramitación do procedemento ambiental".

Neste sentido, explicou que esta tramitación se podería levar a cabo de dous métodos, de forma "simplificada ou normal". Con todo, a pesar de que a compañía Acuaes "entende que se pode tramitar polo método simplificado", mentres non haxa unha proposta sobre a mesa "non "se saberá", xa que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental do Ministerio "non se pode pronunciar ata esa data".

"Nós pedimos acollernos ao método simplificado que faría posible que polos pelos non perdamos os fondos, aínda que non digo que isto garanta que non os perdamos", insistiu o alcalde compostelán.

OFRENDA AO APÓSTOLO

Noutra orde de cousas, Bugallo agradeceu na mesma rolda de prensa á Casa Real que o designou para representar ao Rei o día 25 de xullo na Ofrenda ao Apóstolo, que volverá contar con representación oficial tras catro anos sen ela durante o mandato de Martiño Noriega.

Para o alcalde, trátase dun acto "tradicional" e "cívico relixioso" organizado desde o Concello desde o século XVII que forma parte da "historia da cidade". "Paréceme a normalización de algo que non se debeu perder. Creo que foi un erro. É independente da conciencia ou credo que poida ter o alcalde", subliñou.

Preguntado sobre as palabras de Noriega que dicían que os problemas de xestión actuais do concello son debidos a que non foron aprobados os orzamentos do 2019, Bugallo sinalou que "el sabe perfectamente que non é así". "Non hai orzamento para as festas non porque non os aprobamos, senón porque o diñeiro se gastou noutras cousas", sentenciou.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, ofrece unha rolda de prensa no Concello compostelán
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, ofrece unha rolda de prensa no Concello compostelán | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta