Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/07/2019 | Actualizada ás 09:45
A calor porá este xoves 11 de xullo en risco amarelo e laranxa (risco importante) a 24 provincias por temperaturas de ata 40ºC que se alcanzarán en Badaxoz e Córdoba, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Unha destas provincias será Ourense que, xunto con Toledo, Cáceres, Badaxoz, Córdoba, Xaén, Almería, Huelva, Granada, Sevilla, Huesca, Teruel, Zaragoza, Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Ávila, Salamanca, Barcelona, Lérida, Tarragona, Madrid e Valencia terán avisos laranxas ou amarelos.
Ademais, a maior parte da Península sufrirá un ascenso das temperaturas. Con todo, en Galicia e no Cantábrico experimentaranse poucos cambios, do mesmo xeito que en Baleares e Canarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.