8 de marzo

Un ano máis. Outra xornada reivindicativa. Outro día marcado no almanaque que convida á reflexión, a valorar o feito e tamén o que queda por facer, que é moito, porque aínda resta camiño por andar para acadar a igualdade real; para erradicar a inxustiza da discriminación por razón de sexo; para afondar na coeducación como ferramenta idónea, aínda que non única, para eliminar esa segregación e mesmo para extirpar a violencia de xénero.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 13/03/2012

Comparte esta noticia

Un 8 de marzo, Día da Muller, remarcado nesta ocasión (as circunstancias obrigan) polo apelido de Traballadora, porque neste tempo de crise as taxas de desemprego desorbitadas están a ensombrecelo todo, tamén o día de festa por excelencia das mulleres.

 
Sen pretender quitarlle mérito (nin importancia) ó compoñente reivindicativo, quixera nesta ocasión incidir no recoñecemento que a celebración desta efeméride leva implícito. O recoñecemento que, os 365 días do ano, merecen, por mérito, esas mulleres anónimas, fillas, nais e avoas, que heroicamente, con esforzo inagotable, sacan adiante as súas familias, ata de entre a nada.
 
Recoñecemento a esas mulleres que, sempre lonxe da atención dos focos, dos tópicos do éxito profesional, son capaces, cada día, de superarse a si mesmas e adicanse, en corpo e alma, ós demáis. 
 
Refírome, por exemplo, ás avoas que asumen o coidado dos netos; ás fillas que atenden os seus maiores ou ós irmáns discapacitados; as mulleres que, co home no paro, son quen de facer o milagre de que a familia chegue a fin de mes… 
 
Recoñecemento a todas esas mulleres que desempeñan traballos que non son remunerados, nin sequera valorados, ata tal punto que ás veces semellan ser invisibles, e que, pese a todos os pesares, seguen adiante, a costa incluso de renunciar a ser elas mesmas; a loitar, traballar, vivir por e para si mesmas.
 
Recoñecemento e gratitude. Eso é o que merecen as mulleres o 8 de marzo, hoxe, mañá e sempre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog