O programa 'O Teu Primeiro Emprego' da Deputación de Pontevedra contratará a 108 persoas en 43 concellos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Un total de 108 mozos beneficiaranse do programa 'O Teu Primeiro Emprego' que a Deputación de Pontevedra porá en marcha despois de que a xunta de goberno dese luz vez ás súas contratacións para realizar prácticas en 43 concellos.

Á convocatoria deste programa de fomento da empregabilidade, dirixido a titulados universitarios ou de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, presentáronse 45 concellos, dos que foron admitidos 43 para as ditas 108 contratacións.

Os obxectivos desta iniciativa da institución provincial, que substitúe ao antigo 'Plan de Práctica Laboral' ao converter as bolsas en contratos en prácticas, son que as persoas beneficiarias poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos, "adquirir experiencia profesional e facilitar a súa inserción no mercado laboral", como explicou a Deputación nun comunicado.

"Serán agora os concellos admitidos os que se encargarán de levar a cabo a selección das persoas a contratar, que se realizará entre demandantes de emprego ou con cartón de mellora de emprego, inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas, sendo as bases reguladoras aprobadas pola Deputación de Pontevedra", explicou o ente provincial.

PERFÍS

Os perfís das persoas que traballarán nos concellos incluirá diplomados ou graduados en Traballo Social, titulados no Ciclo Superior de Administración e Finanzas, graduados ou licenciados en Dereito, diplomados ou graduados en Educación Social, en Actividades Físicas e Deportivas, en Relacións Laborais, en Xestión e Administración Pública, en Educación primaria, en Relacións Públicas, en Arquitectura e Enxeñaría Técnica de Obras Públicas e en Sistemas de Telecomunicación e Información.

A través de 'O Teu Primeiro Emprego', orzado en 1,9 millóns de euros, a Deputación financiará unha parte do custo laboral dos contratos en prácticas por un período de seis meses, e outro seis en caso de prórroga.

Emprego administrativo
Emprego administrativo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta