As reservas dos grupos 0-, 0+ e A+ atópanse baixas en Galicia

Ados indica que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

As reservas do grupo 0-, 0+ e A+ atópanse en niveis baixos en Galicia, mentres que as de A- están normais, segundo os datos facilitados este mércores pola Axencia de doazón de órganos e sangue de Galicia (Ados), que lembra a importancia de doar.

Deste xeito, a Ados indica que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, día 22 de agosto, desprazaranse aos municipios coruñeses de Fene --centro de saúde--, Zas --ante o centro de saúde--, A Coruña --diante do Gadis de Elviña--, Santiago de Compostela --Praza Roxa-- e Teo --na Ramallosa e Vos Tilos--.

Tamén o vindeiro luns acudirán unidades móbiles a Lugo --Praza Maior--, ao municipio ourensán do Irixo --na Praza do Concello--, a Pontevedra --zona da Ferrería--, a Vigo --xunto ao Alcampo de Coia-- e Porriño --cale Domingo Bo--.

Unha unidade móbil do CTG para doar sangue.. EUROPA PRESS - Arquivo
Unha unidade móbil do CTG para doar sangue.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta