Falece unha muller na praia da Concha, en Ortigueira

Foi xa rescatada inconsciente da auga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu na tarde deste xoves na praia da Concha, no municipio coruñés de Ortigueira, tras ser rescatada inconsciente da auga.

Praia da Concha, en Ortigueira
Praia da Concha, en Ortigueira | Fonte: turismo.gal.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18,30 horas deste xoves, cando varias persoas chamaron a emerxencias para solicitar axuda médica para unha muller que acababan de sacar inconsciente da auga.

Ata a zona desprazáronse efectivos da Policía Local e da Garda Civil, así como persoal sanitario do 061 que, a pesar dos intentos de reanimación, non puido salvar a vida da muller

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta