Artigos de Ramón Torrado

As cores de Galicia

Unha casa azul ceo en Bretal, na zona de Ribeira, trae recordos de cores da infancia. Os lapis e as ceras que había que cargar con forza sobre o papel tiñan un moi característico ulido que forma parte dun cadro sensorial nostálxico. No caso da nosa terra galega, cales son as cores que nos poden identificar?

Salvemos o diferente

Salvemos o diferente que hai na nosa terra. Cando catástrofes coma o furacán Matthew asolan Haití e outras zonas desafortunadas do planeta, resulta procedente que fagamos un esforzo pola nosa parte para defender o que está suxeito aos efectos devastadores do paso do tempo e ás desfeitas que provocamos os seres humanos.

Amor, desamor e nonamor

Co final do verán aparecen moitos estragos no amor. O simple feito de vivir lonxe durante o resto do ano xa causa grave sufrimento nalgunhas parellas. O peor e cando acontece unha ruptura.

A canción galega máis conmovedora

Son dous minutos e dez segundos dunha viaxe no tempo. Foi gravada no ano 1952, pero ten un sabor ancestral que leva a tempos máis remotos e a un retrato sonoro do noso pasado.

O retorno do leirón careto

En tempo de campañas electorais neste 2016 bótanse de menos dous elementos: a paixón e o entusiasmo. Semella que os candidatos gastan excesiva enerxía en criticarse e en descualificarse, cando o que pretenden é nada menos que ser quen presida un país enteiro, un país como o español de longa e tortuosa historia, cheo de sombras pero tamén de luces recoñecidas no mundo. Unha lección da vida é que -a non ser que falemos dalguén cunha xenialidade tan grande que lle permita ser amortuxado - as persoas que destacan en calquer eido amosan sempre as características calidades da vehemencia, da vontade case invencible, da fe en si mesmos.

Os vínculos invisibles

Di unha lei de karma que o pasado, o presente e o futuro están conectados. Levamos en nós as pegadas dos devanceiros e transmitiremos o noso selo aos que nos sucedan neste mundo tan complexo.

Rubato e a pel de galiña

Neste 2016 apareceu unha nova promesa musical en Galicia. Trátase do dúo Rubato, que ten a súa base na vila coruñesa de Palmeira. Son Miguel Ángel Iglesias Núñez na voz e na guitarra acústica e Alberto Millán Betanzos nas frautas, percusión e coros.