Artigos de Xesús Veiga

O comportamento da política

Unha crise sanitaria como a que estamos coñecendo -e as importantes consecuencias económicas e sociais que viviremos nos vindeiros meses- coloca enriba da mesa un problema clásico: como se está comportando a política ante semellante situación extraordinaria?

Pactos da Moncloa II

Resulta máis habitual do desexábel utilizar as comparacións históricas como fonte argumental para fundamentar a pertinencia de tal ou cal proposta formulada polas formacións políticas (atópense no goberno ou na oposición).

A historia non está escrita sempre

Cantas persoas imaxinaban, hai 40 días, que iamos estar vivindo unha crise sanitaria desta envergadura? E cantas pensaban, naquel momento, que o actual xefe do Estado ía confirmar as graves irregularidades financeiras cometidas polo seu pai nos últimos anos?

A caída do mito de Juan Carlos de Borbón

De non existir a grave crise sanitaria -con todas as importantes secuelas sociais, económicas e políticas- que estamos a vivir, a actualidade política española sufriría un shock de gran impacto como consecuencia do comunicado emitido pola Casa Real para dar conta da retirada da asignación económica pública ao anterior monarca e a renuncia do actual xefe do Estado á herdanza paterna que puidese corresponderlle.

O abandono de Luis Villares

A retirada de Luís Villares da vida política galega presenta, polo menos, dúas dimensións salientábeis. A primeira atinxe á súa condición de maxistrado do TSXG. Aínda que non era o primeiro caso -nin, posibelmente, será o derradeiro- de participación dun membro destacado da xudicatura na primeira liña da política, convén subliñar que esta circunstancia coloca aos seus protagonistas diante de situacións mais complexas que as que afectan a outras persoas que transitan polo poder lexislativo e/ou executivo. Como é sabido, o territorio xudicial está sendo, nos últimos anos, un dos escenarios mais destacados na confrontación política e mesmo social.

As hemerotecas arruinan o discurso de Feijóo

Exercendo a potestade contemplada na lexislación vixente, Alberto Núñez Feijóo decidiu disolver o Parlamento galego e convocar eleccións para o vindeiro 5 de Abril, data elixida previamente polo presidente vasco Iñigo Urkullu para realizar os comicios á Cámara lexislativa da súa Comunidade.

As dúas decisións de Feijóo

Nas vindeiras semanas, Alberto Núñez Feijóo terá que adoptar dúas decisións que poden provocar impactos relevantes na conxuntura política galega. A primeira atinxe á propia presentación da súa candidatura aos comicios á Cámara lexislativa do Hórreo.

Moitas eleccións e poucas autocríticas

Despois da celebración dunhas eleccións, os partidos políticos -actores principais desas citas e cuxa lexitimación deriva da súa función de vehiculizar as distintas ideas existentes no seo do corpo social- deberían proceder a unha análise pública dos acertos e dos erros cometidos na súa andaina previa. A realidade, poren, demostra que non se cumpre esta premisa.