Artigos de Xesús Veiga

A UE na encrucillada

As recentes eleccións celebradas en Francia e Grecia tiñan unha evidente dimensión supranacional.Dende diversas ópticas analíticas había un consenso valorativo a respeito da transcendencia dos resultados destes comicios nas dinámicas que dominan o proceso de construción da actual UE.

Epílogo para o "affaire" Conde Roa

A dimisión de Conde Roa suscita algunhas cuestións relevantes a respeito das circunstancias que concorreron neste episodio e, de xeito particular, o papel xogado polo propio partido do dimisionario.

Adiantar ou non adiantar

Alberto Núñez Feijoo ten na súa man unha importante ferramenta política:poder decidir o calendario electoral dos vindeiros meses.Esta indiscutíbel vantaxe –derivada da súa condición de presidente da Xunta- leva asociada, nestes momentos, una dose elevada de risco.

As sombras do debate

O debate sobre o Estado da Nación é, xunto coa discusión dos Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma, o acontecemento político mais importante que ten lugar, anualmente, no Parlamento de Galiza. Este foi, ademais, o derradeiro da presente lexislatura e suscitaba a comprensíbel expectativa derivada do previsíbel adianto na convocatoria da vindeira cita electoral.

Penelope e Sísifo

Tense afirmado, moitas veces, que aquel pobo ou grupo humano que non aprende da historia está condenado a repetila.Os acontecementos que están sucedendo no seo do nacionalismo político galego semellan confirmar, mais unha vez, a pertinencia de tal afirmación.

Cifras e letras dunha asemblea

A recente Asemblea Nacional do BNG ofrece un bo repertorio de datos para reflexionar sobre o exercicio e o concepto mesmo da democracia no interior das organizacións políticas.

As ideas e as persoas

Hai uns días, Xosé Luis Armesto obtivo o volume de apoios suficientes para acceder á Reitoría da Universidade da Coruña.Hai uns meses, Salustiano Mato acadaba tamén a vitoria nas eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo e Lourenzo Fernández Prieto competía con Casares Long na segunda volta decisoria pola Reitoría da Universidade compostelán.

De Guindos e Urdangarin

Luis de Guindos é o último exemplo da nova pantasma que percorre os territorios da UE:a posta en práctica da teoría das portas xiratorias entre os poderes económicos e os políticos.Cantas mais relacións coas grandes entidades financeiras internacionais figuren nos currículos dos candidatos a presidir os ministerios de Economía mais probábel resultará a confirmación da súa responsabilidade gobernamental.Mario Monti -primeiro ministro do goberno italiano- e Mario Draghi –presidente do Banco Central Europeo- traballaron para Goldman Sachs, o banco norteamericano que preparou a “contabilidade creativa” que lle permitiu aos gobernos conservadores gregos agochar as verdadeiras dimensións dos seus niveis de endebedamento.