Artigos de Xesús Veiga

O relato triunfal de Feijóo

O balance que está publicitando Núñez Feijóo do labor que fixo o seu goberno durante a crise sanitaria agacha, deliberadamente, todos aqueles aspectos que podan arruinar o relato triunfal da súa xestión. Compre recoñecer que semellante actitude non resulta sorprendente: dende que chegou a San Caetano, no ano 2009, aplicou a mesma lóxica argumental. As boas novas -moi poucas, certamente- había que apuntalas no haber das súas acertadas decisións; os erros e as omisións eran responsabilidade da herdanza do bipartito, da crise económica mundial e, dende 2018, do goberno presidido por Pedro Sánchez.

A moción de censura que o PP non quere presentar

Hai bastante coincidencia á hora de fixar a crispación como a principal característica dominante na política española destes meses. As diverxencias comezan cando se trata de establecer as causalidades, as responsabilidades dos distintos actores e as perspectivas temporais da mesma.

A entrevista que nunca existiu con Marcial Dorado

Se houbera que buscar o aspecto ou a circunstancia mais chamativa da recente entrevista televisiva de Jordi Evole con Marcial Dorado, onde fixariamos a nosa atención? Nas maiores ou menores habilidades entrevistadoras do xornalista? Na actitude elixida polo narcotraficante para enfrontar o compromiso mediático que tiña aceitado previamente?

A visíbel carreira electoral

Aínda que non existen -ou non son coñecidos- inquéritos sobre o estado de opinión da sociedade galega a respecto da convocatoria electoral inicialmente prevista para o pasado 5 de Abril e posteriormente aprazada, tendo a pensar que esa cita coas urnas non forma parte do catálogo de preocupacións prioritarias presentes no corpo social. Loxicamente, a cabeza das persoas está ocupada na atención ao desenvolvemento da pandemia e as graves consecuencias que está provocando no benestar colectivo.

O comportamento da política

Unha crise sanitaria como a que estamos coñecendo -e as importantes consecuencias económicas e sociais que viviremos nos vindeiros meses- coloca enriba da mesa un problema clásico: como se está comportando a política ante semellante situación extraordinaria?

Pactos da Moncloa II

Resulta máis habitual do desexábel utilizar as comparacións históricas como fonte argumental para fundamentar a pertinencia de tal ou cal proposta formulada polas formacións políticas (atópense no goberno ou na oposición).

A historia non está escrita sempre

Cantas persoas imaxinaban, hai 40 días, que iamos estar vivindo unha crise sanitaria desta envergadura? E cantas pensaban, naquel momento, que o actual xefe do Estado ía confirmar as graves irregularidades financeiras cometidas polo seu pai nos últimos anos?

A caída do mito de Juan Carlos de Borbón

De non existir a grave crise sanitaria -con todas as importantes secuelas sociais, económicas e políticas- que estamos a vivir, a actualidade política española sufriría un shock de gran impacto como consecuencia do comunicado emitido pola Casa Real para dar conta da retirada da asignación económica pública ao anterior monarca e a renuncia do actual xefe do Estado á herdanza paterna que puidese corresponderlle.