Artigos de Xesús Veiga

O último produto da factoría Villarejo

Transcendeu un novo episodio da serie “negra” escrita polo ex-comisario Villarejo.Nesta ocasión, os protagonistas infectados pola toxicidade do vertedoiro están situados no mundo da gran banca e no territorio da política.Máis concretamente, os nomes máis rechamantes que apareceron corresponden ao que foi, até hai pouco tempo, máximo executivo do BBVA, Francisco González, e a dous antigos responsábeis gobernamentais da equipa de Zapatero (Mª Teresa Fernández de la Vega e Miguel Sebastián).

O Consenso Constitucional xa non existe

A conmemoración dos 40 anos de vixencia da Constitución española foi unha referencia abondosamente citada nas crónicas do ano que ven de rematar. A cifra -case coincidente coa duración da ditadura xurdida do golpe de Estado de Franco- era propicia para facer análises do sucedido nestas décadas e conxeturar sobre hipotéticos horizontes de futuro.

A reconversión argumental de Casado e Rivera

Os resultados das recentes eleccións en Andalucía poden merecer distintas análises, dependendo do criterio utilizado para realizalas.

Buscar unha saída para o labirinto catalán

A piques de se cumprir un ano dende as eleccións ao Parlament de Catalunya celebradas o pasado 21 de Decembro, tivo lugar o primeiro encontro convocado polo actual presidente da Generalitat para comprobar as posibilidades de acordo entre as formacións políticas que compoñen a Cámara lexislativa catalá.

A experiencia das Primarias

Nos últimos meses, asistimos a unha consolidación das chamadas primarias como fórmula utilizada para elixir dirixentes das formacións políticas e integrantes de candidaturas aos distintos procesos electorais previstos no calendario político.O PP foi o último grupo en oficializar este procedemento na designación do substituto de Rajoy por mais que o método concreto combinou a elección directa e indirecta para o Congreso estatal do pasado mes de Xullo.

A dictadura do beneficio privado

Nuns poucos días converxeron dous feitos moi ilustrativos a respecto das relacións entre os poderes económicos e os gobernos:o anuncio de ALCOA do peche das súas instalacións podutivas na Coruña -e Avilés- e a confirmación da venda da participación accionarial que posue ABANCA na empresa concesionaria da AP-9.

No ecuador da lexislatura

O azar quixo que se rexistrara unha práctica coincidencia entre os 100 días do goberno de Pedro Sánchez e os dous anos da última vitoria de Feijoo nos comicios ao Parlamento galego.

Lehman Brothers: O comezo do pesadelo

O 15 de Setembro de 2008, Lehman Brothers -unha emblemática empresa financeira creada na metade do século XIX- desaparecía formalmente, afundida pola crise que comezara un ano antes no interior do universo económico dos USA.