Artigos de Xesús Veiga

Finiquito político de Mariano Rajoy

Que ocorrería se a sentenza da Audiencia Nacional sobre o caso Gürtel se coñecese o pasado día 21? Apoiarían Cidadáns e o PNV os orzamentos presentados polo goberno Rajoy?.

O novo mapa eleitoral

Hai catro anos, nos comicios ao Parlamento europeo rexistrouse un resultado inédito:a suma do apoio recibido polo PP e polo PSOE non acadou o 50% dos votos totais emitidos.Abriuse, daquela, un certo debate na opinión publicada a respeito da continuidade temporal dese descenso relevante no peso do bipartidismo. Unha parte significativa das análises afirmaban o carácter anedótico do sucedido naquela cita eleitoral e prognosticaban un futuro retorno ás tendencias precedentes.As xerais celebradas nos anos 2015 e 2016 confirmaron os indicios de cambio detectados no 2014 para sorpresa dos que seguían vendo, neste fenómeno, un “souflé” con pouco percorrido.

O recoñecemento legal da eutanasia

Vinte despois da morte de Ramón Sampedro, o Congreso ven de aceitar a tramitación dunha proposición de lei aprobada polo Parlament de Catalunya na que se regula a eutanasia, eliminando a actual penalización contemplada no Código Penal.Esta circunstancia vai colocar, mais unha vez, no primeiro plano da atención mediática o vello debate sobre a eutanasia.

Pedagoxía tóxica

As persoas que forman parte dos tres poderes constitutivos dun sistema democrático -o lexislativo, o executivo e o xudicial- deben ser conscientes de que as súas actuacións -ademais de estar condicionadas polo marco legal existente en cada momento histórico- orixinan unha inevitábel pedagoxía no seo do corpo social.O que se fai nos Parlamentos, nos gobernos e na xudicatura ten consecuencias relevantes non só polos efeitos concretos das medidas adoptadas (leis e normas aprobadas, decisións gobernativas, sentenzas emitidas) senón polo impacto das mesmas na lexitimidade das propias institucións.

As consecuencias da internacionalización do conflito catalán

Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional.As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza.Terán que decidir sobre a pertinencia das extradiccións solicitadas e concretar, no seu caso, os delitos para os que se autoriza o axuizamento en territorio español.

O silencio sobre Arrimadas

Dende o pasado mes de setembro, a situación política e social en Cataluña enche os principais contidos de case todos os medios de comunicación.Houbo tal saturación que, a partir de certo momento, unha parte da opinión pública do resto do Estado procedeu a unha progresiva desconexión no seguemento do que alí acontecía.

Feijóo en "Salvados"

A recente entrevista de Jordi Evole a Núñez Feijoo suscitou reaccións bastante previsíbeis nos ámbitos político e mediático.Convén, para non enganarse, partir dunha consideración indiscutíbel:a entrevista tivo lugar porque o actual presidente da Xunta quixo pasar por ese test.Sabía que era unha cita incómoda, sen a benevolencia habitual que adoita gozar nos seus encontros xornalísticos, pero necesitaba demostrar -dentro e fóra do PP- que é capaz de sortear con éxito ese tipo de retos.

Fortaleza ou febleza?

Dende hai moito tempo, o debate sobre o financiamento das entidades territoriais que coexisten no Estado español está moi condicionado pola habitual confrontación que preside a dinámica política.