Hai poucos días, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicou o estudo “Postelectoral de Galicia.Elecciones autonómicas 2012” realizado entre Outubro e Decembro do ano pasado.Resulta sorprendente a demora no coñecemento deste informe.A pregunta é, pois, pertinente:estamos ante a demostración práctica dun funcionamento ineficaz deste instituto público ou cabe pensar nalgún cálculo político dos seus actuais responsábeis para beneficiar ao partido que detenta o goberno da Xunta?.