Artigos de Xosé Glez.

En Monforte de Lemos co dereito

O Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 18 de novembro de 1918 é un texto articulado de bases constitucionais para un futuro autogoberno de Galicia. O artigo 3 do apartado V (“custiós xurídicas”) establecía: “a publicación das leis farase no idioma galego”. Un precepto que non recolleu o Estatuto de Autonomía para Galicia de 1981. Os asinantes daquel manifesto eran conscientes de que desta maneira habíase prestixiar a lingua galega.

O dicionario de Franco Grande que nos fixo máis galegos

Os que pasamos dos sesenta lembramos unha Galicia maioritariamente monolingüe e os efectos perversos dun ensino impartido exclusivamente en castelán por mestres que prodigaban os complexos lingüísticos dos galegos que non tiña outro medio de expresión que a tradición oral. Eso si, resistía nalgúns letreiros de tabernas con nomes evocadores: O´Refuxio, A´Regadeira, A´Chavola, O´Cunqueiro, O´Muiño, que nalgúns casos completábanse anunciando con letra miúda: “viños e comidas”; tabernas nas que se cantaban en improvisados orfeóns cantigas populares.

Enrique Peinador Lines e o galeguismo ourensán

O profesor e historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, que é un avezado investigador capaz de explorar fontes inéditas para reconstruír páxinas da historia de Galicia, aceptou a encomenda de escribir a biografía de Enrique Peinador Lines, o empresario de máis proxección internacional que tivo Galicia no primeiro terzo do século XX. Un descoñecido para moitos empresarios empeñados en alimentar o discurso da contradición entre os negocios e faceren ao tempo propósitos de galeguismo. O Foro E. Peinador fólgase dos resultados acadados nas pesquisas do investigador.

En Ponteareas co dereito

Conmemoramos este ano o centenario da constitución das Irmandades da Fala, a primeira entidade cultural que acometeu o labor de galeguizar Galicia en toda a súa transversalidade. A ela pertenceron moitos xuristas que fixeron causa común para salvagardaren os nosos valores patrimoniais; civilistas preocupados pola adecuación das nosas tradicións xurídicas consuetudinarias para que tivesen rango de dereito positivo no marco das grandes transformacións sociais e económicas que estaba a vivir o país, ao tempo que demandaban o uso da lingua galega nas instancias xudiciais.

As coherencias que nos definen

Hai xestos que é ben que se prodiguen máis, porque son manifestacións da credibilidade dos discursos políticos. E cando eses feitos se producen é de agradecer e son merecentes do aplauso e recoñecemento. Tal foi o caso que aconteceu na asemblea do BNG celebrada na Coruña. Cando finalizaba a sesión matutina e os congresistas se dispuñan a facer unha paradiña para xantar, desde a mesa congresual pedíuselles que nos restaurantes optasen polos produtos etiquetados en lingua galega.

Enrique Peinador, a reconstrución dunha biografía

Enrique Peinador Lines xa ten biografía. Escribíuna o historiador Ricardo Gurriarán logo dunha laboriosísima investigación. Pouco se tiña escrito sobre unha personalidade tan relevante da economía e política galega do primeiro terzo do século pasado. Reconstruír a súa memoria foi un dos obxectivos do Foro E. Peinador.

Os premios de restauración arquitectónica "Manuel Gómez Román"

Duns anos para acó estase a notar unha maior sensibilidade de moitos propietarios de casas no rural galego que queren devolverlle ás súas vivendas o feitío orixinal. Na nosa paisaxe comezan a agromar aldeas cos seus hábitats recuperados e habilitados coas mellores comodidades interiores. E nesta tarefa teñen un papel decisivo os profesionais que saben ver nos vellos muros de cachotería das nosas casas aldeás, elementos arquitectónicos que debidamente tratados embelecen a construción en harmonía coa contorna xeográfica.

Nós e as Irmandades da Fala

Descoñecese polo momento o programa de actos que a Xunta de Galicia vai preparar para celebrar o Ano da Irmandades da Fala a instancias do Parlamento de Galicia, que aprobou por unanimidade unha resolución para conmemorar o centenario da fundación daquela organización que procurou novos espazos para a lingua galega, continuando por outros roteiros o labor dos homes e mulleres do Rexurdimento.