Artigos de Xosé Glez.

O tímido galeguismo das universidades

O día 9 de marzo de 1933, fai agora,xa que logo, oitenta e cinco anos, celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago un acto de especial significación dados os avoltos tempos que vivía daquela Galicia. Francisco Fernández del Riego, que entón era un alumno da Facultade de Dereito, presentaba ao profesor Álvaro de las Casas, que impartiría unha conferencia titulada “Verbas aos mozos galegos. O momento universitario”.

Treixadura

Asistín ao concerto de presentación do novo disco do grupo “Treixadura” e saín reafirmado, unha vez máis, na miña convicción de que é a agrupación que mellor representa a nosa tradición musical. Non hai moito afirmaba nunha colaboración publicada aquí que o milagro de Treixadura é facer bailar e cantar a nenos e maiores, transmitíndolles a forza emotiva do noso cancioneiro popular.

Precursores e discípulos da galeguización xurídica

Chegado o mes de novembro teremos a oportunidade para conmemorarmos o centenario da celebración da primeira asemblea nacionalista celebrada en Lugo que proclamou a soberanía estética de Galicia para poñer orde as construcións urbás e rurais.

Lingua de lei

O próximo 15 de xuño cumpriranse trinta e cinco anos da entrada en vigor da Lei de Normalización Lingüística de Galicia; unha norma fundamental para o fomento e normalización da lingua galega en todos os ámbitos, abranxendo ás institucións públicas e as decisións na esfera persoal.

Cada pedra ten o seu andar

Na arte de traballar as pedras os nosos canteiros botaban man da intelixencia, dos coñecementos empíricos e da imaxinación. Todos os tres medios conxugados facían do “arxina”, normalmente iletrado, un profesional competente capaz de crear fermosas obras de arte imperecedeiras.

Os que queren non poden e os que poden non queren

Velaí o dilema no que estamos atrapelados desde hai ben tempo. Para resolvelo debemos saír deste encerello admitindo que son moitos e diversos os axentes causantes desta parálise. Nada de aplicar razóns cartesianas e simplificadoras, porque a responsabilidade ao tempo que está xerarquiza, tamén moi repartida e non admite maniqueísmos.

Ceas de empresa, tamén en galego

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de estrañar porque celebraranse por milleiros. Nelas o ambiente de camaradería irá acompañado de bos pratos, viños e licores. É unha boa ocasión para que os encargados de organizalas poñan a proba o seu criterio e o sentido común na escolla dos menús.

Sermos diferentes para sermos existentes

En 1895 o semanario “La Tierra Gallega”, editado en La Habana e dirixido por Manuel Curros Enríquez, adoitaba publicar un anuncio das marcas de viños: “Salto d´o Can”, “Enxebre” e “Vieira do Miño”. É de supoñer que a intención dos adegueiros era diferenciárense naquel mercado antillano doutros produtos pola singularidade lingüística que aportaban os seus nomes. Con aquela intención facían súa a máxima de hai que ser diferentes para facerse notar.