Artigos de Xosé Glez.

A Universidade de Vigo máis galega

Pola volta de 1957 un equipo relevante de persoas dedicadas á ciencia, á técnica e á vida económica, entre os que sobranceaban Cruz Gallástegui, director da Misión Biolóxica de Galicia; Álvaro Gil Varela, Antonio Fernández e Isidro Parga Pondal, todos os tres directivos de Cementos Oural e Zeltia, entre outras, decidiron crear a Revista de Economía de Galicia, facendo parte do seu Consello de Dirección, dirixido por Xaime Illa Couto, e anos despois por Xosé Manuel Beiras.

Concellos, economía e lingua

Vai para dous anos que o Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros solicitaran dos grupos políticos do Parlamento de Galicia o apoio para as marcas comerciais que etiquetan os seus produtos en lingua galega, celebrándose un acto concorrido en sede parlamentaria co gallo do Día da Galeguidade Empresarial. Un feito sen precedentes na historia de Galicia que agradecimos a súas señorías.

Don Victorino Gutiérrez Aller, Notario Maior de Galicia

O derradeiro documento notarial escrito en lingua galega é de 1532; desde entón proscribírase o seu uso nos instrumentos xurídicos. É certo que algún que outro, anecdoticamente, foi posteriormente redactado no século XX. Pero foi a partir de mediados da década dos anos oitenta cando don Victorino Gutiérrez Aller, notario de Lalín, decidíu que todos os seus protocolos serían escritos en galego; por certo, en modélica prosa. Foi tanta a produción documental expedida por el no noso idioma que se contan por decenas de milleiros os actos xurídicos documentados galeguizados. Por poñermos algúns exemplos, a case totalidade dos títulos de propiedade da concentración parcelaria da comarca do Deza foron redactados no noso idioma na súa notaria.

Couto Mixto: Xente de aquí e de acolá

Xosé Rodríguez Cruz, ese xornaleiro da cultura vén de publicar un libro – “Contos e lendas arraianos”- que recolle unha colectánea de contos populares escoitados dos beizos das xentes que habitan a raia seca. Con este libro a cultura da fronteira adquire maior entidade, e nomeadamente a do Couto Mixto que queda ben reflectida na obra comentada. Unha contribución que se engade á moita xa publicada en formato libro e audiovisual, que fai daquel territorio singular o espazo máis literaturizado da raia seca. Un éxito que sen dúbida hai que atribuírllo á Asociación de Amigos do Couto Mixto que durante algo máis de vinte anos puxo o enorme empeño en recuperar unha historia descoñecida. A primeira pedra dese edificio documental púxoa Luís M. García Mañá, e despois, aos poucos, outros foron colocando a súa pedra con marca, seguindo a tradición dos canteiros que erguían castelos e torres, ata edificar os sólidos muros da historia da primeira república democrática da historia da Gallaecia.

Os premios Peña Novo no cambio dun ciclo

A Fundación L. Peña Novo leva vintedous anos convocando os premios anuais co nome daquel intelectual vilalbés que protagonizou nos primeiros anos do século XX a modernización do discurso galeguista. A el débeselle, en grande parte, a incorporación ao discurso da identidade das correntes filosóficas que agromaban no mundo despois da críse do ano 1917, abandonando a dinámica exclusivamente literaria herdada do movemento literario do Rexurdimento.

En Monforte de Lemos co dereito

O Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 18 de novembro de 1918 é un texto articulado de bases constitucionais para un futuro autogoberno de Galicia. O artigo 3 do apartado V (“custiós xurídicas”) establecía: “a publicación das leis farase no idioma galego”. Un precepto que non recolleu o Estatuto de Autonomía para Galicia de 1981. Os asinantes daquel manifesto eran conscientes de que desta maneira habíase prestixiar a lingua galega.

O dicionario de Franco Grande que nos fixo máis galegos

Os que pasamos dos sesenta lembramos unha Galicia maioritariamente monolingüe e os efectos perversos dun ensino impartido exclusivamente en castelán por mestres que prodigaban os complexos lingüísticos dos galegos que non tiña outro medio de expresión que a tradición oral. Eso si, resistía nalgúns letreiros de tabernas con nomes evocadores: O´Refuxio, A´Regadeira, A´Chavola, O´Cunqueiro, O´Muiño, que nalgúns casos completábanse anunciando con letra miúda: “viños e comidas”; tabernas nas que se cantaban en improvisados orfeóns cantigas populares.

Enrique Peinador Lines e o galeguismo ourensán

O profesor e historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, que é un avezado investigador capaz de explorar fontes inéditas para reconstruír páxinas da historia de Galicia, aceptou a encomenda de escribir a biografía de Enrique Peinador Lines, o empresario de máis proxección internacional que tivo Galicia no primeiro terzo do século XX. Un descoñecido para moitos empresarios empeñados en alimentar o discurso da contradición entre os negocios e faceren ao tempo propósitos de galeguismo. O Foro E. Peinador fólgase dos resultados acadados nas pesquisas do investigador.