Artigos de Manuel H. Iglesias

As idas e voltas na política

Cando aínda se lembran as verbas de Rajoy na oposición denunciando e calificando negativamente as negociacións ocultas de Zapatero co presidente catalán Mas, aparece a nova da xuntanza segreda que o primeiro mantén co segundo na que lle lanza un envite para negociar, claro, si se separa de Esquerra Republicana.

O electricista e o tesoureiro

Supoño que moita xente aínda lembra cando as torres xemelgas foron derrubadas. Daquela a realidade superou a ficción. Pois ben, ultimamente escoitamos historias que acontecen a cotío nas que, a realidade, semella que supera a ficción e que por moitas declaracións que fagan os implicados tratando de desmarcase do asunto, sexan ou non representantes do goberno, ou maridos de princesas, xa ninguén lles da creto, pois todo cheira a mentira para salvar o seu pelexo.

O que parte e reparte

Sr. Presidente supoño que, como vostede naceu en Galicia, coñecerá o refrán que di: o que parte e reparte para sí a mellor parte. Pois, a medida que saen datos da doble contabilidade que se levaba no partido do que vostede é presidente, as cousas están sumamente claras. Empresas e particulares que buscaban favores daban importantes cantidades para a causa, e logo recibían o premio coa conseguinte adxudicación, e todos contentos. Claro que, como as cantidades eran cartos en B, ises nunca aparecerán na contabilidade oficial.

O problema é a situación da provincia

Nestes días nos que Baltar pai está en horas baixas e que saen á luz cuestións que eran vox populi, parece que as demais forzas políticas e a xente en xeral se resarce con falar del, e esquecen que o problema que temos máis importante e o estado no que deixou a provincia. Baltar, foi o gobernante que non tiña un plan de futuro para saír do atraso no que está Ourense, e agora co varón fora da vida política, todas as forzas que están representadas no Pazo Provincial, seguen sen propoñer un plan para frear a despoboación, o envellecemento, e a falla de industialización desta subsidiada terra do interior galego.

Renovarse ou morrer

Con moita frecuencia escóitase nas conversas de que hai que camiñar cos tempos; tamén de que é necesario ver e atender os problemas do momento no que nos tocou vivir pois, camiñar de costas á realidade social e política, e tanto como anclarse nos recordos e nas ensoñacións que impiden que vexamos os perigos que nos atinxen e as súas consecuencias que deles se derivan. As sociedades están formadas por persoas. Por iso son entes vivos e dinámicos que se moven e que evolucionan en función de moitos parámetros e cuestións. Son entes tan complexos que invalidan a quen vive permanentemente do recordo; do que noutro momento fixo e aspira a manterse nun posto sin facer ren. Dito doutra maneira: no momento actual hai que renovarse ou apartarse para que outros sigan co cometido.

A quen corresponda

De nenos case sempre lle escribíamos unha carta aos reis magos ou lles manifestábamos verbalmente aos pais, o que se lles pedía. Faciámolo sempre con suma ledicia e coa intención de que se cumpriran aqueles nosos desexos. Os pais, realizando un grande esforzo, trataban, na medida do posible, de satisfacer aquelas peticións e o día de reis xogábamos todos felices ensinando os agasallos. Ben, iso acontecía hai cincuenta e tantos anos, e supoño que agora pasará algo semellante, coa salvidade de que tamén se agasalla aos pequenos polo Noel que seica en un home que veu das neves do norte de Europa.

Guitarra clásica galega

Como está a piques de rematar un ano sumamente malo, no que se refire aos recortes, dereitos laborais e sociais, ao paro, e un sen fin de cousas máis, quero falar, nas vésperas do Nadal, dunha nova distendida e amable que, para os que amamos e vivimos a música, resulta atractiva, agradable e positiva.

Feijóo: suma e sigue

Feijoo sucedeuse a si mesmo nun acto gris no que, a comparanza de Fraga, diante a vicepresidenta Soraya, soamente soou unha gaita chorona e lastimeira. Pasou o proceso electoral e chegaron de novo os ritos da investidura e posteriormente a toma de posesión, onde Feijoo, volveu a dicir que, diante outras comunidades estamos ben e que avoga pola unidade de España. Claro, falou así, como se en Galicia a unidade das Españas estivera en entredito, cousa que non é máis ca unha falacia, ou tal vez unha mensaxe indirecta na que pretenda postularse como o sucesor de Mariano Rajoy cando chegue a portunidade, cuestión que aconteceu con moitos políticos conservadores galegos.