Artigos de Pedro G.-Valadés

Unha (outra) fiestra de oportunidade

No longo e tortuoso camiño transitado no Oriente Medio polo conflito palestino-israelí, varias veces puidemos asistir á apertura, máis ou menos grande ou pequena, de fiestras de oportunidade. Fiestras de oportunidade entendidas como esas escasas combinacións de factores endóxenos e esóxenos que fan albiscar unha posibilidade de achegamento das partes en conflito.

Ás súas señorías non lles molesta o fume

Despois de tres anos consecutivos nos que o Parlamento de Galicia conmemorou cunha declaración institucional o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, este ano a cámara galega dixo non. Non a aprobación dunha modesta e sinxela declaración institucional coa que o noso parlamento sumaría a súa voz na memoria dos que só teñen iso. A nosa memoria.

Pois non. Non é críbel

Estes últimos días escóitanse voces a propósito do actual conflito en Gaza e Israel que entre outras cousas afirman que se algún día as nosas cidades e vilas (poñamos que falo de Ourense. Lugo ou Vigo) foran bombardeadas con milleiros de mísiles, morteiros e foguetes, atacadas durante anos e anos facendo imposíbel unha vida minimamente normal, eles non reclamarían e esixirian do Estado protección contra os ataques.

Só un minuto. Un.

Durante os Xogos Olímpicos de Munich de 1972, hai agora xa 40 anos, membros do grupo terrorista palestino de Setembro Negro asasinaron a once membros (atletas e adestradores) do equipo olímpico israelí. Agora, cando achegámonos ao 40 cabodano desta traxedia que tinxiu de loito ao mundo do deporte internacional, sería un magnífico momento para que o Comité Olímpico Internacional (COI) rectifique a súa desidia e apatía de décadas rendindo unha sinxela, moi sinxela homenaxe á memoria dos atletas asasinados.

O simbolismo imprevisto da CdC

Foi o pasado sábado día 14, cando vinte anos despois do seu nacemento Esquerda Nacionalista puña fin de facto, coa formula doce e menos traumática do “conxelamento e abandono das súas siglas" a súa existencia como partido.

Eu non estiven alí

Un ano máis xurde entre a friaxe do calendario invernal un novo 27 de xaneiro. Un 27 que ate hai pouco máis de medio século era só a véspera do 28, como moito un modesto Santo Tomé de Aquino no calendario santoral católico ou simplemente, o vixesimoséptimo día do ano no calendario gregoriano. Mais todo iso mudou de xeito brutal e para sempre un 27 de xaneiro de 1945. Ese día, unidades da División número 100 do Exército Roxo, baixo o mando do xeneral Krasávina, entraron en Auschwitz-Birkenau e liberaron aos 2.819 prisioneiros que despois de 5 anos de masacre ficaban con vida. 2.819 testemuñas da infamia, 2.819 testemuñas do horror inexplicábel que asolou o corazón da vella e culta Europa, a nosa Europa, e que converteu para sempre a un vello e frío cuartel do Exército polaco no monumento funerario perenne de máis de millón e medio de seres humanos que desde aqueles días fican soterrados para sempre e como única tumba, no ceo. Tamén no noso ceo. No aire que serviulles como cadaleito despois de que o delirio xenocida os transformase nas cámaras de gas e nos fornos crematorios en parte do aire que agora e por sempre respiramos e respiraremos.

Estado palestino si. Pero non así

A propósito da petición de recoñecemento do estado palestino polas Nacións Unidas

Bin Laden xa non vive aquí

A lenda de Osama Bin Laden sustentábase fundamentalmente no feito de que estaba vivo, de que conseguira atacar no corazón emocional do imperio americano e de que conseguira fuxir durante unha década da persecución (agora vese que implacábel) dos Estados Unidos.