Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

As 3 leccións do Ulla

Galicia é un país paradoxal. En cada eido presenta exemplos que fan sentir o orgullo de noso canda realidades mesquiñas e incomprensibles.

As renuncias de Formoso

O líder dos socialistas galegos vén de conceder unha entrevista na que amosa as liñas da súa estratexia. O que di resulta alarmante para aqueles/as que aspiren a un futuro de progreso no país.

Pan ou viscosa

Mesmo dende o escepticismo total, un non consigue comprender a cegueira do goberno galego respecto dos fondos Next Generation e o sector agrario do país. Porque a situación da alimentación en Galicia é xa dunha gravidade inusitada.

Celulosa comestible

Vendo a dedicación da Xunta de Feijóo para encontrarlle usos ao eucalipto, e vendo a necesidade extrema de producir alimentos no territorio propio, a un non lle sorprendería que alguén estivese a investigar a fabricación en ENCE de celulosa comestible.

Espolio eólico

A implantación dos grandes polígonos eólicos polo país adiante so beneficiaría a empresas externas e prexudicaría gravemente o medio rural galego. Cabe preguntarse como é posible que a Xunta permita, e mesmo incentive, algo así.

O leite de Galicia

O leite e os seus derivados representan en Galicia case o 2% do PIB total. Nun contexto de competencia global, algo así so se pode conseguir aplicando un modelo onde prevaleza a investigación e a cooperación. Nos valores que simboliza o LIGAL reside boa parte da competitividade do leite galego e das súas expectativas de futuro.

Galicia ante o Fondo

Anda Feijoo falando cos uns e os outros á busca de ideas para captar a parte do inmenso Fondo de Recuperación Europea que nos corresponde. Mesmo tenta endosar a responsabilidade ás empresas a quen lles esixe proxectos.

Unha oportunidade excepcional

O fondo de recuperación europea acordado o pasado 21 de Xullo supón unha oportunidade histórica de alcance aínda imprevisible para Galicia. As vindeiras xeracións non nos perdoarán que perdamos a que parece xa derradeira ocasión de colocar o país na senda da modernidade.